Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Outras informacións sobre Novas Tecnoloxías: Google Maps en castelán / Vídeo: "¡Avogado!" / Blog: Orsai / RSS / Foto: telescopio espacial Hubble

La noticia do mes

Google lanza en castelán o seu servizo de mapas

 O buscador de Internet Google lanzou o seu servizo de mapas e buscas locais para España. Google Maps ofrece acceso a imaxes por satélite de todo o territorio español, combinándoas cos planos das rúas das cidades e a información máis relevante sobre hoteis, restaurantes e comercios.

O sistema parte da base de datos de Páxinas Amarelas, sobre a que se aplican as imaxes por satélite coa posibilidade de utilizar a visión híbrida de imaxes reais nas que aparecen impresionados os nomes das rúas e o sentido da circulación.

Google Maps pretende así proporcionar unha das informacións máis demandadas. Tamén explica como chegar aos sitios, para o que o buscador irá aprendendo os sinónimos que os usuarios empregan para referirse aos lugares. Google conta cunha versión do sistema que é compatible coa maioría de teléfonos móbiles.

O VÍDEO DO MES

"¡Avogado!"

 O colectivo sevillano de videoarte dixital Zemos98 publicou no blog "Espacio Fílmica" esta simpática trasnada na que se dobra unha escena da película "Un dos nosos" de Martin Scorsese. Nas voces de actores profesionais de dobraxe o argumento muda por completo e o que en orixe era unha escena de extorsión por parte de dous mafiosos a un comerciante convértese nunha disputa entre o dono dun local de vodas, o seu avogado e un representante da Sociedade Xeral de Autores (SXAE). Delirante.

CADA MES UN BLOG:

Orsai

  Hernán Casciari, escritor e xornalista arxentino establecido en Barcelona, desenvolveu diversos blogs (páxinas web de actualización periódica nas que as últimas informacións publicadas son as primeiras que aparecen). En todos eles respírase un sentido do humor fondamente cómico, case bufonesco, un lirismo moi contemporáneo e unha aguda intelixencia. Entre os máis salientables están "Máis respeto que son a túa nai", blog que se converteu en libro, o "Diario de Leticia Ortiz" ou o de morrer de risa "Xoán Dámaso, vidente". Pero, sen dúbida, o blog ao que máis tempo dedicou, e con que continúa desde hai tres anos, é Orsai, un diario de reflexións cargadas de ironía no que Casciari desenvolve a súa orixinal forma de pensar. Orsai actualízase semanalmente. Non obstante, os seus textos son atemporais e o lector pode gozar deles mergullándose no arquivo.

O CONCEPTO DO MES

RSS

 Din que quen o proba está perdido e que non volve navegar por Internet como o facía antes. RSS é unha maneira de estar ao tanto do que aparece nas páxinas que visitamos a miúdo sen ter que entrar unha e outra vez para comprobar se actualizaron os seus contidos. Máis aló do que poidan significar estas tres letras (un acrónimo que serve para denominar tres estándares diferentes de programación informática), este concepto abrangue, entre outras posibilidades, unha tecnoloxía coa que é posible enlazar os contidos de moitas páxinas de Internet desde un programa situado no escritorio do ordenador. Deste xeito, cando xurdan na páxina web novas informacións, estas tamén se mostrarán actualizadas no noso programa. Nestes momentos pódense utilizar "sindicadores web" como Bloglines.com que non necesitan ser descargados ao ordenador.

Máis en: http://www.rssfacil.net

A FOTO DO MES

O telescopio espacial Hubble fai 16 anos.

 O 24 de abril de 1990 o transbordador espacial estadounidense Discovery puña en órbita o telescopio espacial Hubble, unha nave deseñada para tomar fotografías do espazo e envialas á Terra. Nos seus 16 anos de vida, o Hubble tomou unhas 750.000 imaxes de 24.000 obxectos celestes. A memoria total dos seus rexistros acada os 27 terabytes (27.000 Xigabytes, case 40.000 CDs) e cada día xera 10 xigabytes máis. Para celebrar o aniversario do telescopio, as axencias espaciais europea e americana (ESA e NASA), responsables do proxecto, publicaron na súa páxina web esta magnífica fotografía da "Galaxia do Cigarro" (ou M82), situada na constelación da Osa Maior.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto