Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Editorial

Λ

Ricardo Oleaga, Director de CONSUMER EROSKI: "Información útil para a vida cotiá, presentada dun modo máis ameno"

Case a metade do millón de lectores con que conta hoxe CONSUMER EROSKI non tiñan en marzo de 1974, data de publicación do primeiro número desta revista, a idade suficiente para saber ler.

 

Isto parece indicar que, aínda sendo a revista pioneira no noso país en información especializada sobre consumo e vida cotiá, tanto os temas que afronta cada mes coma o modo en que o fai segue suscitando, tres décadas despois, o interese dos cidadáns.

O obxectivo fundamental desta revista segue sendo producir informacións que axuden aos consumidores a tomar decisións atinadas e a vivir un pouco mellor. Isto esíxenos estudar a fondo asuntos tan vastos, complexos e variables como a alimentación, a saúde e a seguridade, a calidade de vida nas cidades, os produtos financeiros e a economía doméstica, a vivenda, as viaxes e a industria do ocio, os produtos tecnolóxicos... Ademais, asumimos o reto que entraña tomar postura: valoramos, criticamos, aconsellamos, propoñemos a mellor relación calidade-prezo.

Así, a pauta que guía o noso traballo diario non podía ser outra que o compromiso co regor técnico, coa precisión no dato e coa utilidade que as nosas informacións deben ter para os lectores. Este compromiso levounos a ser didácticos e serios, noutras palabras, menos desenfadados e espectaculares do que se estila hoxe nas publicacións de vocación popular como a nosa. Pero non nos resignamos, cremos que a utilidade e o rigor poden facer boa parella coa amenidade: a nosa revista pode e debe ser máis entretida e máis agradable de ler.

Con esta nova CONSUMER EROSKI intentamos trasladar esa desexada mellora en amenidade ás maquetas, os textos, as fotos, o desenvolvemento dos temas tratados, os gráficos, as características do papel, etc. Con todo, o que quizais se perciba en primeiro lugar é que nos convertemos nunha revista máis grande: pasamos das anteriores 48 ás actuais 68 páxinas, o que nos permitirá, ademais de tratar máis temas, facelo dun xeito máis dinámico e máis atractivo visualmente.

Esta remodelación da revista, e o ambicioso da iniciativa, demostran e reforzan o histórico compromiso de FUNDACIÓN EROSKI cos consumidores, e máis especificamente, coa información útil para a vida cotiá.

Por outro lado, hai xa máis de oito anos que apostamos con decisión por Internet e hoxe somos, segundo datos oficiais OJD, o quinto medio de comunicación máis visto en España: en maio pasado, o web CONSUMER.es EROSKI tivo 2 millóns de usuarios distintos. Felicitámonos do éxito pero non esquecemos que o noso actual proxecto informativo (revista e Guías Prácticas impresas, diario en Internet, Barómetro de Consumo) ten unha orixe ben definida: a revista impresa, á que chega agora o momento da modernización e o crecemento.

Só me queda agradecer en nome do noso equipo de técnicos e especialistas, coordinadores e xestores, xornalistas e do resto de profesionais que traballan en CONSUMER EROSKI e, por suposto, en nome de FUNDACIÓN EROSKI e no meu propio, a atención que nos prestan, queridos lectores, e confiar en que esta renovación cumpra o obxectivo previsto: satisfacer mellor as expectativas dos seus destinatarios, todos vostedes.

Ricardo Oleaga
Director de CONSUMER EROSKI


Relacións deste contido

Descargar esta información en PDF

PDF: Fai clic aquí para Descargar esta información en PDF (67 Kb)

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto