Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Arantza Laskurain, Directora de FUNDACIÓN EROSKI: "O consumidor ten dereito a ser debidamente informado..."

"O consumidor ten dereito a ser debidamente informado sobre todos os produtos. Ten dereito a consumir produtos que non sexan nocivos para a súa saúde, a coñecer en todo momento o seu prezo e a que a publicidade o informe de forma clara e veraz sobre eles. Ten tamén dereito a esixir ás empresas que traballen por un futuro digno de ser vivido. Loitar por estes dereitos é o que quere EROSKI".

 

Esta foi a declaración de intencións da revista EROSKI no seu primeiro número, en 1974. Aquela publicación xurdiu nun contexto reivindicativo do papel do consumidor como suxeito de dereitos e obrigas. O baleiro informativo era evidente, e os consumidores tiñan poucas ferramentas para desempeñar o papel que lles correspondía na sociedade. Conscientes disto, comprometémonos a ofrecer un tipo de información que aumentase os coñecementos dos consumidores e propiciase que estes se soubesen axentes activos na economía de mercado.

Nestes máis de 30 anos, os consumidores fomos partícipes dun número enorme de cambios sociais, económicos, culturais, lexislativos e tecnolóxicos. Xurdiu un novo contexto, no que a información sobre consumo se multiplicou. E, sobre todo, chegou o momento en que os consumidores se saben respectados por uns interlocutores sociais que recoñecen o seu papel e o seu protagonismo, cada vez máis importante na nova economía.

¿Por que Grupo Eroski, a través da súa Fundación, segue apostando decididamente pola información ao consumidor como elemento clave do seu compromiso coa responsabilidade social e o desenvolvemento sostible?

Por varias razóns, entre as que saliento as que seguen a continuación:

  • Porque os consumidores forman parte do noso proxecto empresarial, participan nos seus órganos de xestión, achégannos as súas visións e as súas sensibilidades para que fagamos nosas as súas preocupacións e respondamos de forma colectiva ás súas demandas.
  • Porque temos o convencemento de que o reinvestimento dos beneficios en información ao alcance de todos os consumidores se traduce nun compromiso coas persoas e o seu benestar.
  • Porque entendemos que nesta sociedade cada vez máis complexa e na que as fontes de información, aínda que numerosas, seguen cualitativamente afastadas dos consumidores, podemos contribuír e achegar unha visión das cousas de a diario desde os dereitos do consumidor.
  • Porque queremos ser unha ferramenta de apoio e un altofalante independente para que o consumidor elixa de forma autónoma e responsable nos seus actos de consumo.
  • Porque cremos que moitas son as preguntas que os consumidores nos facemos e que non están respondidas suficientemente. A complexidade do coñecemento na nosa sociedade aumenta a confusión. É por isto que apostamos por cooperar con distintos axentes e xestores de coñecementos para que nos axuden a descifrar e comprender este mundo tan complexo e tan variable.
  • Porque gozamos co noso traballo e queremos facer partícipe á sociedade da nosa actividade.

E sobre todo, porque cremos que é a nosa mellor achega para que cada día poidamos ser todas as persoas un pouco máis felices.

Arantza Laskurain
Directora de FUNDACIÓN EROSKI



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto