Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Cinco anos de Barómetro de Consumo (2001-2005): Esixentes no consumo e moi preocupados pola saúde

A macroenquisa mostra a evolución das actitudes e comportamentos dos cidadáns en tanto que consumidores de produtos e usuarios de servizos

  Esixentes e cada vez máis cualificados cando exercen de consumidores, confiados na calidade e seguridade dos alimentos aínda que haxa algúns (comida rápida e transxénicos) que non acaban de merecer unha boa imaxe, decepcionados porque se paga demasiado diñeiro para o que se recibe a cambio, autónomos e individualistas e coa autoestima polas nubes no que compete á súa capacidade de informarse e acertar na compra. Pouco comprometidos, non obstante, na mellora da sociedade de consumo, moi preocupados pola saúde e só un pouco menos pola súa aparencia física, remisos a subir ao carro das Novas Tecnoloxías e Internet, pero reducindo ano tras ano os reparos ante unha das máis revolucionarias novidades das dúas últimas décadas... Estes son algúns dos trazos máis significativos dos cidadáns españois como consumidores de produtos e usuarios de servizos, segundo o Barómetro de Consumo editado desde 2001 cada ano pola FUNDACIÓN EROSKI e realizado polo Instituto de Empresa. Outros sinais de identidade son os que seguen: amantes das comodidades do fogar e á súa vez crecentemente afeitos ás viaxes de vacacións, pouco dados a militar en ONGs, concienciados da necesidade de colaborar coa recollida selectiva de residuos, e máis afeccionados a ir de compras ou pasear por centros comerciais ca a empregar o seu tempo de ocio en saír a comer ou cear, en ir ao cine ou asistir a espectáculos deportivos.

Un lustro con poucos cambios para os consumidores

  As opinións dos cidadáns non cambiaron moito nos últimos cinco anos, se ben a evolución dalgúns fitos parece indicar certa evolución. Aumenta, por exemplo, a consolidada confianza de que gozaban os alimentos con D.O e os ecolóxicos, e a carne supera definitivamente a crise causada polo problema das "vacas tolas", mentres que a confianza na comida rápida e nos restaurantes que a despachan non levanta cabeza: era xa deficiente e cada ano que pasa mantense ou é aínda peor. Continuando cos alimentos, a edición de 2003 do Barómetro de Consumo demostrou nos seu momento que a confianza suscitada na calidade e seguridade dun produto tan tradicional coma o peixe non se resentiu en absoluto polo vertido dos milleiros de toneladas de petróleo que levaba no seu interior o sinistrado "Prestige". Por outra banda, anótase un aumento na credibilidade das asociacións de consumidores como fontes de información sobre os alimentos e unha pouco satisfactoria, se ben con tendencia a mellorar, posición das Administracións Públicas neste ámbito. E salienta así mesmo un cambio aparentemente menor (diminúe a frecuencia na consulta da data de caducidade das etiquetas dos alimentos e aumenta a da lista de ingredientes e a da información nutricional) que ten dúas lecturas de profundidade. Dun lado, a cualificación dos cidadáns como consumidores que demandan e utilizan información de valor engadido que lles serve para trasladar á elección de produtos a súa crecente preocupación pola saúde e os aspecto físico, e doutro, o aumento de confianza na profesionalidade e eficacia de produtores e distribuidores de alimentos: se se consulta menos a data de caducidade débese, case con seguridade, a que hoxe é infrecuente atopar nas tendas de alimentación produtos coa data vencida.

Pero seguimos pensando que a vida está cara, non nos sentimos compensados polo que recibimos a cambio do que pagamos, a evolución da ratio non deixa lugar a interpretacións: comezou con 5,7 puntos en 2001 e non chegou a 5,8 en ningunha das edicións do Barómetro. Pero tamén hai boas noticias. Cada anos que pasa facemos máis uso do dereito a cursar unha reclamación formal cando non se cumpriron as expectativas depositadas no produto ou servizo. Continuando cos cambios positivos, somos unha sociedade máis informatizada, e Internet e as novas tecnoloxías chegan a máis persoas e suscitan menos desconfianza. E volvendo ao menos estimulante, a satisfacción coa información de utilidade para o consumo de produtos e servizos non mellora, ao seguir instalada nunha mediocridade de aparencia inamovible: o sector que máis satisfacción xera neste ámbito é o de servizos médicos (6,7 puntos), seguido do de alimentación (6,4 puntos), ambos con valoracións ben discretas, mentres que a información sobre vivenda, reparación de electrodomésticos e seguros é a peor valorada. E qué dicir do escaso dinamismo que, medido en proporción de usuarios que cambiaron de subministrador, xerou a liberalización de sectores anteriormente monopolísticos como telefonía e distribución de electricidade e gas.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto