Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Hipoteca inversa: A vivenda, un capital ao que recorrer na vellez

Un novo produto financeiro, a pensión hipotecaria, mellora o nivel de vida dos maiores sen que tras o seu falecemento os herdeiros perdan forzosamente a vivenda

 Os anciáns deixaron de ser case invisibles para as entidades financeiras, o que se traduce no lanzamento de novos produtos deseñados en exclusiva para eles. Un dos máis atractivos é a pensión hipotecaria, que pon en primeiro plano económico no noso país un amplo colectivo de persoas que, aínda que viven co xusto e fan cada mes milagres para estricar as súas magras pensións de xubilación, son titulares, ademais dunha saúde que se empeña en facer fronte ao paso do tempo, dun ben moi prezado nos tempos que corren: unha vivenda. Esta nova modalidade de préstamo nace nun contexto moi concreto: aumento da esperanza de vida, cambio na estrutura familiar tradicional, diminución do poder adquisitivo dos xubilados e, o elemento clave, a moi elevada proporción de propietarios de vivenda en España: neste caso, son maioría os anciáns, sexa cal sexa a súa capacidade económica, que posúen un piso en propiedade. Un último condicionante a ter en conta: ningunha pensión de xubilación dá para acceder a unha residencia privada. Ademais, conseguir a admisión nunha residencia pública, que supón custos máis asumibles, é moi difícil debido á escaseza de prazas dispoñibles.

As entidades financeiras saben que o 92% dos máis de 7,5 millóns de persoas maiores de 65 anos do noso país posúe unha vivenda en propiedade. E é a eles aos que se dirixen cun produto, a hipoteca inversa, que terá máis ou menos éxito dependendo tanto do urxentes que resulten as necesidades económicas ás persoas maiores como de que estas se emancipen dese costume, transformado en imaxinaria obriga, de deixar a súa vivenda en herdo aos fillos, e, tamén de que estes acepten de bo grado a nova conxuntura e entendan sen desconfianzas nin enfados que os seus proxenitores poidan utilizar o seu patrimonio para o que consideren oportuno, particularmente se se trata de facer fronte aos seus últimos anos de vida cunha mínima solvencia económica.

A propiedade non se perde

O primeiro que debemos dicir sobre a hipoteca inversa ou pensión hipotecaria é que se trata dun préstamo un tanto particular: permite a unha persoa maior recibir unha cantidade mensual complementaria á súa pensión, nun prazo de tempo concreto (xeralmente entre 10 e 20 anos), a un interese fixo negociable -entre o 5% e 6%- coas súa vivenda como garantía e co consentimento dos herdeiros como recomendación. Deste xeito, cóbrase unha renda cun importe que dependerá da taxación do piso, da idade do solicitante e das súas preferencias na forma de recibir o diñeiro.

Esta alternativa aos plans de pensións e seguros de vida non é nova no noso país: baixo o nome de seguro vivenda pensión, unha persoa xa xubilada, cun piso en propiedade podía conseguir ata hai pouco unha renda vitalicia, pero, a cambio, a vivenda pasaba a ser propiedade do banco -nunca dos herdeiros- cando o titular falecía.

Precisamente por iso esta alternativa non tivo éxito e o seu fracaso levou as entidades bancarias a deseñar unha nova oferta na que a propiedade non ten por que cambiar de mans.

A principal diferenza respecto ao antigo modelo é que o titular da hipoteca inversa non perde a vivenda nin deixa de ser o seu único propietario, e que este patrimonio pasa aos herdeiros tras o falecemento do seu dono. En canto ao uso que se dará á cota mensual que se obtén mediante esta hipoteca, o titular decide: dispoñer simplemente de máis diñeiro ao mes e seguir vivindo na súa propia casa, completar o custo dunha residencia, comprar outra vivenda, adaptar a que xa ten...

Opcións dos herdeiros

Aínda que sexa un tema difícil de afrontar, para contratar este tipo de préstamo realízase un cálculo aproximado da esperanza de vida do cliente. Se vive máis tempo do estimado, seguirá recibindo a renda mensual, pero cobraraa a través do seguro de rendas vitalicias que se contrata -sempre que o titular o desexe- ao mesmo tempo que a hipoteca inversa.

Falecido o titular da hipoteca inversa, os seus herdeiros, unha vez aprobada a herdade patrimonial, deberán facer fronte á devolución das cantidades que a persoa maior foi recibindo. As súas opcións son:

  • Quedar coa vivenda: para iso poden devolver cos seus propios aforros ou mediante un novo financiamento a cantidade que os seus proxenitores ou familiares cobraron ata o seu falecemento.
  • Vendela: se non desexan quedar coa vivenda, o habitual é que se venda e se aboe a débeda contraída polos titulares da hipoteca inversa co banco.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto