Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Dentífricos branqueantes e convencionais: Funcionan, pero sen milagres

Os dentífricos branqueanes son eficaces contra as manchas adheridas á placa, pero pouco poden facer para cambiar a tonalidade natural do dente

Un a un, 8 dentífricos

Signal

 Dentífrico protección anticaries flúor calcio
Sae a 17,43 euros o litro. Calidade global: moi boa.
A mellor relación calidade-prezo do estudo.
Puntos fortes: o seu pH neutro (8), a presenza de axentes antiplaca (1,7%), a súa porcentaxe de flúor (0,13%), a segunda maior cantidade de axentes branqueadores (39%) e unha boa tolerancia á mucosa dental.
Proba de uso: 7,2 puntos de 10 , dos mellores.

Colgate

 Dentífrico xel con flúor
Sae a 19,23 euros o litro. Calidade global: boa.
Puntos fortes: o seu pH neutro (7,2), cantidade de flúor (1,5%) e un alto poder escumante.
Puntos débiles: o máis líquido (anúnciase como xel) e a segunda menor cantidade de substancias abrasivas (19%).
Proba de uso: 6,8 puntos de 10.

Licor del Polo

 Dentífrico clorofila frescura natural antiséptico con flúor
Sae a 16,67 euros o litro, o máis barato. Calidade global: aceptable.
Puntos fortes: o seu pH neutro (7,3), consistente e con axentes antiplaca (1,5%).
Puntos débiles: a menor cantidade de flúor (0,10%) e axentes branqueadores (18%).
Proba de uso: 6,3 puntos de 10, dos que menos gustan. É criticado polo seu sabor.

Binaca Aquafresh

 Dentífrico flúor e mais bradosol
Sae a 23,16 euros o litro, ol máis caro dos básicos. Calidade global: boa.
Puntos fortes: pH neutro (6,9), consistente e tolerante á mucosa dental.
Puntos débiles: pouco flúor (0,11%) e a menor cantidade de axentes antiplaca (1,2%).
Proba de uso: 6,5 puntos de 10, dos que menos gustan. Sabor moi forte.

Signal

 Dentífrico sistema branqueador
Sae a 20,43 euros o litro. Calidade global: moi boa.
A mellor relación calidade-prezo entre los dentífricos branqueadores.
Puntos fortes: axentes antiplaca (1,7%), flúor (0,14%), a que máis branquea e unha moi boa tolerancia á mucosa dental.
Puntos débiles: o seu pH é o que maís se arreda da neutralidade.
Proba de uso: 7 puntos de 10. Gusta pola súa eficacia e pola súa sensación de frescura.

Colgate

 Dentífrico "sensation" branqueador
Sae a 25,97 euros ol litro. Calidade global: boa.
Puntos fortes: alta cantidade de flúor (0,14%) e axentes abrasivos (27%).
Puntos débiles: dos más arredados do pH neutro.
Proba de uso: 7,3 puntos de 10, dos que máis gustan. Boa sensación de frescura.

Licor del Polo

 Dentífrico con flúor branqueador avanzado, frescura extrema
Sae a 16,93 euros o litro, dos máis baratos. Calidade global: boa.
Puntos fortes: pH neutro (7,5), consistente e cantidade de flúor (0,13%).
Puntos débiles: o único con aluminio (0,35%) como substancia abrasiva.
Proba de uso: 7 puntos de 10. Gusta pola súa eficacia e sensación de frescura.

Binaca Aquafresh

 Dentífrico flúor e mais triclene branqueante
Sae a 32,77 euros o litro, o máis caro. Calidade global: boa.
Puntos fortes: alta presenza de axentes antiplaca (1,7%) e unha moi boa tolerancia á mucosa dental.
Puntos débiles: pouco flúor (0,11%).
Proba de uso: 7 puntos de 10. Gusta pola súa frescura.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto