Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Dentífricos branqueantes e convencionais: Funcionan, pero sen milagres

Os dentífricos branqueanes son eficaces contra as manchas adheridas á placa, pero pouco poden facer para cambiar a tonalidade natural do dente

  Do mesmo xeito que non todas as peles teñen o mesmo ton, os dentes de cada persoa son dunha cor distinta, que tende a escurecerse co paso do anos e que varía do amarelo ao gris, pasando polo gris perla e o marfil. A orixe desta coloración atópase na propia xenétitica e pode alterarse por sufrir casos virulentos de sarampelo ou tose ferina, inxerir medicamentos que escureceron a dentadura de boa parta dunha xeración (coma os antibióticos con tetraciclina administrados a nenos durante os anos setenta) ou consumir de maneira reiterada café, té, viño tinto ou tabaco, que son causantes, entre outras substancias, da aceleración do proceso natural de escurecemento. A publicidade ofrece lucir un sorriso de anuncio cambiando só de marca de dentífrico, pero o certo é que estas pastas de dentes só son efectivas, en todo caso, contra as manchas adheridas na superficie do esmalte e a unha parte da dentina, isto é, as provocadas por ese último grupo de substancias daniñas para os dentes. Contra os outros tipos de sucidade , a que afecta ás capas internas da dentina e da polpa, estas pastas non teñen ningunha efectividade polo que se debe recorrer a complicados e agresivos tratamentos só aplicables por especialistas.

Para comprobar a eficacia destas pastas de dentes que alegan ser capaces de branquear a parte externa da dentadura levamos ao laboratorio e probamos con 60 consumidores oito pastas de dentes, catro delas branqueantes e outras catro convencionais. Aínda que de media si son as branqueantes máis caras (case un 25%), os datos polo miúdo non son tan taxativos. A branqueante máis barata é Licor del Polo (sae a 16,93 euros por litro), case o mesmo que a máis barata convencional (Licor del Polo clorofila, 16,67 por litro). Iso si, a máis cara das branqueantes, Binaca aquafresh, costa notablemente máis: sae a 32,77 euros por litro. Tras as numerosas e exhaustivas probas, a mellor relación calidade-prezo son as dúas pastas de Signal (evidentemente, a branqueante é a indicada para quen busque ese efecto). Ambas incorporan gran cantidade de materia activa (flúor, axentes abrasivos e tensioactivos aniónicos), son ben toleradas pola mucosa dental e gustaron na proba de uso.

Superficie dental

Os dentífricos branqueantes aclaran os dentes porque eliminan máis eficazmente que os dentífricos clásicos os depósitos e as manchas que se atopan na superficie dos dentes grazas a axentes abrasivos coma o carbonato de calcio, o fosfato de dicalcio, o óxido de aluminio ou a sílice hidratada.

O ingrediente maioritario nas oito mostras é a auga, seguido polos axentes abrasivos, as substancia humectantes (as que impiden que a pasta seque, danlle consistencia e garanten unha estabilidade microbiolóxica), as espesantes (evitan que as substancias abrasivas sedimenten), as opacificantes e colorantes (para a cor), as tensioactivas (acción antiplaca) e os axentes do sabor (un dos ingredientes máis caros).

En canto aos abrasivos, son primordiais no branqueamento dos dentes e axudan a desfacer as manchas e placas. Son os que fan que o cepillado púa os dentes. Adóitanse empregar cantidades pequenas para evitar o desgaste do esmalte, por iso recoméndase utilizar estes dentífricos alternando o seu uso con outros convencionais.

Axentes abrasivos

Os oito dentífricos (tanto os branqueantes, coma os que non o son) incorporan á súa composición o sílice, o axente abrasivo por excelencia, pero con diferenzas na súa cantidade, que variou desde o 1,7% de Signal básico ata o 24% de Colgate branqueador. Só nos dous dentífricos de Signal o carbonato de calcio, un axente abrasivo suave, é o abrasivo predominante (un 41% no branqueante e un 36% no normal), e está presente tamén en Colgate branqueante, aínda que nunha proporción moi inferior (2,4%).

Os fosfatos, que tamén teñen unha función antisarro, son outros dos axentes abrasivos utilizados. O seu contido oscilou entre o 0,2% de Licor del Polo ata o 4,8% de Binaca branqueante. O aluminio pola contra é un axente abrasivo en desuso. Só Licor del Polo branqueador o inclúe na súa formulación (0,35%).

Segundo os técnicos de CONSUMER EROSKI os dentífricos deben contar con máis dun 25% de substancias abrasivas (e suspenden a proba se non chegan ao 19%). Os dous de Signal son os mellore neste apartado (46% o branqueante e 39% o convencional), seguidos, a notable distancia, de Colgate branqueante (27%).Licor del Polo e Colgate convencionais non chegan ao mínimo. Sorprende que Signal básico teña un poder abrasivo (e, polo tanto, branqueante) superior aos branqueantes de Binaca e Licor del Polo.

O pH da saliva nunha boca sa sitúase ao redor do 7, polo que un dentífrico será mellor se se encontra entre o 6,9 e o 8. Só tres pastas (as branqueantes de Binaca, signal e Colgate) se afastan desa neutralidade (7), e se sitúan cerca do 9.

Consistencia precisa

Unha consistencia excesivamente líquida dificulta a dosificación dos dentífricos, e unha espesa fai máis difícil sacar o produto do envase. Os oito incorporan sorbitol, un axente humectante que inflúe no aspecto e consistencia da pasta, desde o 10% de Licor del Polo branqueador ata o 35% de Colgate xel. O glicerol, outra substancia humectante, só se atopou nas dúas pastas de Colgate e nas branqueantes de Binaca e Licor del Polo. Licor del Polo e Binaca Aquafresh básico ofrecen a consistencia máis adecuada. O produto máis diluído é Colgate básico, se ben xa indica no seu envase que se trata dun xel e non dunha pasta.

O flúor prevén a caries dental, aumenta a resistencia do esmalte ao ataque bacteriano e impide que o ácido orgánico (ácido láctico) disolva o esmalte. Polo tanto, é moi positivo que os dentífricos o inclúan na súa formulación. A concentración máxima que autoriza a lexislación europea é do 0,15%. Polo tanto, convén que se acheguen a este parámetro sen superalo. Colgate básico crava ese rexistro (0,15%), os branqueantes de Colgate e Signal quedan a unha centésima e Signal anticaries e Licor del Polo branqueante a dúas. Licor del Polo clorifila (0,10%) e ambos os Binaca (0,11) son os peores neste apartado.

Contra a placa

Os oito dentífricos incorporan lauril sulfato de sodio, un tensioactivo aniónico con gran capacidade para desnaturalizar as proteínas e polo tanto cunha eficaz acción antiplaca. Os dous Signal e Binaca branqueante (os tres con 1,7% deste composto) e Licor del Polo básico (1,5%) son os mellores. Os básicos de Binaca (1,2%) e Colgate (1,3%) son os que inclúen unha menor porcentaxe desta substancia.

Un dos aspectos máis visibles á hora de valorar a eficacia dun dentífrico é a súa capacidade para formar escuma durante o cepillado. Para medir o poder escumante mídese canta escuma se xera : dilúense 40 gramos de produto nun litro de auga a 50ºC, e axítase durante tres minutos (o tempo de cepillado recomendado) para comprobar se superan os 390 mililitros de escuma que se consideran axeitados. Colgate xel con flúor é o de maior cantidade de escuma, que é ademais a máis estable.

Para coñecer se os dentífricos causan irritación ponse cada mostra en contacto con células mucosas bucais reconstruídas "in vitro". Cantas máis células sigan sendo viables tras a proba, mellor será o dentífrico. Se ben ningunha suspendeu, ambas as pastas de Binaca, as dúas de Signal e Colgate básico foron mellores ca o resto.

Calidade final

A calidade final de cada dentífrico vén dada por unha media ponderada de todos os ensaios analíticos. A proba de tolerancia bucal é a que ten un maior peso (30%), seguida pola presenza de axentes abrasivos (20%) e flúor (20%). A consistencia e o poder escumante son, cada un, un 10% do total, mentres que o pH e as substancias aniónicas reprsentan un 5%.

Así, son considerados moi bos os dous Signal, pola súa boa tolerancia sobre a mucosa bucal, alta porcentaxe de axentes abrasivos e flúor. Ademais, inclúe como axente abrasivo o carbonato de calcio, máis suave ca o sílice (común no resto). Ademais, Signal convencional inclúe unha importante fonte de calcio en forma de calcio gluconato. Os dous Binaca, Colgate e Licor del Polo branqueador considéranse bos. Os dous primeiros non chegan á excelencia polo seu escaso contido en flúor (se ben Binaca convencional ofrece bradosol, con propiedades bactericidas), Colgate convencional pola exigua presenza de axentes abrasivos e os dous restantes por seren menos respectuosos coa mucosa bucal que os mellores. Licor del Polo convencional é o único que non pasa do aceptable. Só destaca porque contén triclosan, unha substancia antibacteriana.

Que opinan os usuarios?

Ademais das exhaustivas probas de laboratorio, CONSUMER EROSKI quixo comprobar qué opinan os consumidores destas pastas de dentes. Para iso probáronas 60 usuarios e deron a súa opinión sobre un bo número de características. As que máis gustaron foron Colgate branqueador e Signal anticaries. E as que menos Licor del Polo Clorofila e Binaca antiplaca, mentres que o resto obtivo resultados intermedios.

Para comprobar se realmente o efecto branqueante é percibido nun uso normal, os consumidores probaron as oito mostras sen saberen cales eran branqueantes. Os usuarios descubriron cales eran (isto é, nas catro notaron os seus efectos), e, entre elas, prefiriron Colgate branqueador. A mellor sensación á frescura deixouna tamén Colgate branqueador e s que menos destacaron neste apartado foron Licor del Polo Clorofila e Binaca antiplaca. En canto á escuma xerada, sobresae Signal anticaries sobre Licor del Polo Clorofila e Binaca antiplaca. Colgate branqueador foi o máis fácil de aplicar.

Cando se lles preguntou cales comprarían para un uso diario, elixiron os catro branqueantes, e o peor valorado foi Licor del Polo Clorofila. As outras tres referencias básicas restantes quedaron nun grupo intermedio.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto