Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Litiase biliar: Vesícula pedregosa

Os cálculos biliares afectan ao 12% da poboación occidental, aínda que só unha parte sofre episodios de dor severa, que convén tratar co rapidez.

A formación de cálculos e pedras na vesícula e vías biliares é unha afección frecuente que incide en maior proporción no sexo feminino -a porcentaxe de mulleres afectadas duplica e mesmo triplica a de homes- e que aumenta progresivamente coa idade. Calcúlase que un 12% da poboación occidental padece cálculos biliares, pero cara á sétima década da vida dispárase ata un 35% nas mulleres e un 20% nos homes. Constatouse, con todo, que os factores xeográficos e sociais marcan a súa prevalencia. De feito, en Asia e África apenas se producen casos.

A bile é unha substancia que se forma no fégado e se segrega polo conduto hepático, que ten dúas pólas, dereita e esquerda, que se conectan coa vesícula biliar, que almacena parte da bile formada, e o intestino. Cando a secreción biliar se estanca na vesícula e se produce a cristalización e precipitación de colesterol, sales biliares, lecitina ou pigmentos aparecen os cálculos biliares. Ás veces só se forma un, pero a miúdo, os seu número é considerable.

Factores de risco

Catalóganse como factores de risco:

  • Os antecedentes familiares
  • A obesidade, o exceso de peso
  • A hipercolesterolemia e a dieta rica en graxas
  • As operacións gástricas
  • A diabetes
  • Os intervido de intestino aos que se lles practicou resección ileal
  • A enfermidade de Crohn
  • Os tratamentos prolongados para baixar o colesterol con clofibrato, resincolestiramina
  • Tratamento prolongado con estróxenos
  • Nas persoas maiores, o alcolismo crónico, a cirrose hepática e enfermidades hemolíticas (que provocan destrución de hemacias e anemia)

A maioría, sen síntomas

 Aínda que a litíase biliar pode orixinar cadros clínicos moi severos e dolorosos, entre un 65% e un 80% das litíases non producen síntomas. É o que se denomina litíase biliar asintomática. O diagnóstico dáse de forma casual en exploracións realizadas por outros motivos. O tratamento redúcese a recomendacións dietéticas e hixiénicas, reducir peso, controlar a dieta, beber auga abundante... Só hai un suposto no que se aconsella intervir: se hai unha calcificación das paredes da vesícula, o que se chama "vesícula de porcelana". Nestes casos a primeira opción é a extirpación preventiva da vesícula polo risco de dexeneración en cancro vesicular.

A dor do cólico

O cólico biliar é o cadro doloroso provocado pola presenza de cálculos nas vías biliares. Defínese por varias características:

  • É continuo, vai aumentando a súa intensidade e aos 15-20 minutos convértese en moi severo, moi doloroso.
  • Localízase no hipocondrio dereito, na zona do fégado, e no epigastrio, aínda que ás veces pode dar a dor no lado contrario (hipocondrio esquerdo e rexión precordial)
  • Acompáñase de vómitos e sudoración na maioría dos casos.
  • No 50% dos afectados a dor irrádiase ás costas, ao ombreiro dereito ou á escápula.

 A duración do cadro non sobrepasa as cinco horas e se se prolonga hai que sospeitar unha complicación: a colecistite aguda. O cólico biliar é unha urxencia e hai que tratala de forma inmediata con antiinflamatorios, analxésicos e espasmolíticos. Nesta situación hai que absterse de inxerir alimentos e líquidos. Mentres chega o médico pódese aplicar calor na zona (alivia o espasmo e a dor) sempre que non haxa febre nin abdome agudo (abdome duro e doloroso).

Posibilidade de intervención

Unha persoa que tivese un cólico biliar, só un, conta cun 30% de probabilidades de non sufrir máis no prazo de dez anos, polo que se deberá considerar se a intervención para a extirpación dos cálculos é pertinente ou non. Agora ben, se os cólicos se repiten ao pouco tempo, hai que pensar na conveniencia da operación. Non obstante, tamén se dispón de alternativas terapéuticas como a disolución dos cálculos con ácidos biliares, ou a litotricia (destrución dos cálculos) con ondas ultrasónicas de choque (só pode aplicarse en cálculos menores de 30 mm).

Complicacións

  A colecistite aguda é a complicación máis frecuente da litíase biliar sintomática. Comeza como un cólico biliar que se prolonga durante máis de cinco horas. Os síntomas son iguais ca no cólico, pero ás horas aparece febre e un 20% dos afectados sofre ictericia e noutros pode aparecer dor difusa por todo o abdome.

O cadro de colecistite aguda require ingreso hospitalario. As analíticas e os procedementos radiolóxicos (ecografía, TAC, colecistografía) confirmarán o diagnóstico. Superada a infección, o procedemento terapéutico definitivo é a extirpación da vesícula.

Un 15% dos que sofren colelitíase padecen tamén coledocolitíase, é dicir, cálculos no colédoco -o conduto polo que a vesícula se baleira no intestino e que atravesa a cabeza do páncreas-. A presenza dun cálculo neste conduto pode orixinar unha obstrución total que provoca a colanxite. Tres síntomas permiten o seu diagnóstico: febre, dor abdominal e ictericia, conxunto de síntomas que se coñece como "tríade de Charcot". O cadro representa tamén unha urxencia e require ingreso hospitalario.

Algo máis grave é outra complicación da coledocolitíase, a pancreatite aguda, xeradora dunha dor intensa, continua, no hipocondrio esquerdo e irradiado ás costas, que aumenta a intervalos de 15 a 60 minutos, agudízase cando se pon tombado coa boca para arriba e dá con náuseas, vómitos, mal estado xeral, febre discreta (febrícula) e paresia intestinal (os intestinos móvense moi pouco).

Tanto a colanxite coma a pancreatite aguda son urxencias que deben ingresar no hospital para diagnóstico e tratamento.

Prevención

A prevención da litíase pasa pola modificación de hábitos e de condutas: hai que evitar a vida sedentaria, as comidas graxentas, a obesidade e os anticonceptivos (nas mulleres con historia familiar de litíase ou que xa tiveron litíase). A dieta vexetariana está considerada como a mellor arma dietética na súa prevención. Outra opción é reducir a inxesta de carnes e peixes, os ovos, a maonesa, queixos fortes ou fermentados, azucres e fariñas refinados, leite, chocolate e bebidas alcólicas, e aumentar a de froitas, verduras (en especial alcachofa, cebola e berenxena), ensaladas crúas, cereais integrais, aceites vexetais... Algunhas plantas teñen efecto colerético-colagogo, é dicir, estimulan a produción e secreción da bile: a alcachofa en todas as súas formas, o boldo, o mexacán, a cúrcuma (forma parte do curri), a menta, o ravo e o romeu, este último considerado como o máis indicado para os problemas biliares. Tamén hai augas mineiro-medicinais útiles para os litiásicos. Son os casos das bicarbonatadas mixtas, as sulfatadas sódicas ou magnésicas e as sulfuradas de débil mineralización.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto