Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

O concesionario non asume o pagamento dos danos provocados por un vehículo defectuoso

 Un consumidor adquiriu nun concesionario oficial un vehículo que pouco despois sufriu un incendio. O comprador achacou o sinistro a defectos do vehículo. Reclamou ao vendedor o valor do coche e, ante a súa negativa a asumir responsabilidades, foi aos tribunais. A Audiencia Provincial de Granada, en sentenza de 10 de maio de 2005, deulle a razón. Considerou que o informe presentado polo concesionario non puido probar a responsabilidade do comprador coa suficiente rotundidade, mentres que a análise dun segundo perito indicou que a avaría se debeu a un contacto defectuoso por un fallo no sistema eléctrico do turismo. Esta segunda proba pericial achegou, segundo o xuíz, razóns máis fortes. Así, e cos artigos 25 e 28 da Lei do Consumidor e Usuario como referencia, para o tribunal quedou constatada a incapacidade da entidade demandada de demostrar a culpa exclusiva do consumidor. Por isto, condenou ao vendedor a indemnizar ao comprador no valor do vehículo e ao pagamento dos custos.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto