Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Os compradores dun piso deben asumir unha derrama previa á súa adquisición

Compramos un piso en 2002 e a comunidade de propietarios certificou por escrito que estaba ao corrente dos pagamentos na comunidade. Pero, tras anos de afrontar os gastos de comunidade descubrimos que gran parte se destina a sufragar obras realizadas con anterioridade á nosa adquisición. Por iso negámonos a pagar mentres non se nos devolva o diñeiro aboado, pero a comunidade ameázanos con accións legais. Debemos pagar?

 A Lei de Propiedade Horizontal indica que o propietario está obrigado a pagar os gastos xerais (artigo 9), que ese pagamento debe facerse no tempo e forma determinados pola Xunta (artigo 21) e que as derramas por melloras aboaraas que sexa o propietario no momento da esixencia da débeda (artigo 11). O afectado pode solicitar ao administrador o Libro de Actas e comprobar o acordo adoptado. Se consistía no pagamento dunha derrama mensual polo importe que estivo aboando, o vendedor non estaba obrigado a pagar as derramas mensuais posteriores á venda porque non lle corresponde. Por outro lado, o certificado de débedas que achegou na notaría só debía acreditar a ausencia ou non de débedas relativas aos gastos xerais, e as derramas por obras non se consideran como tales. Polo tanto, se o novo dono da vivenda non paga as cotas ordinarias nin as derramas pode ser demandado en xuízo cunha probable sentenza na súa contra. O afectado pode consultar cun avogado a posibilidade de reclamar unha indemnización ao vendedor no prazo dun ano desde que descubriu a carga, pero para que prosperase sería preciso que as derramas se considerasen cargas. Segundo o artigo 1.483 do Código Civil, o comprador tería dereito a unha indemnización por danos e perdas se concorren as seguintes circunstancias: que se trate da venda dun predio gravado con algunha carga ou serventía non aparente, que tal carga ou serventía non se mencione na escritura de transmisión e que sexa de tal importancia que, de a coñecer o comprador, deba presumirse que non a compraría.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto