Saltar o menú de navegación e ir ao contido
A clave para gozar dun encontro de compromiso ou amigable é facer da comodidade a mellor das virtudes
A 'tempada alta' non é un concepto aplicable só aos períodos vacacionais por excelencia. Tamén as cerimonias civís e relixiosas se concentran en poucas semanas e teñen a súa propia tempada alta. Maio e xuño son, con diferenza, os meses preferidos para casar e os máis habituais para facer a primeira comuñón. Máis do 50% das 250.000 vodas, case 200.000 comuñóns e preto de 300.000 bautizos celebrados en España en 2005 concentráronse despois da Semana Santa e antes do verán. Festa para uns e compromiso para outros, estas cerimonias réxense por usos e costumes que non sempre se coñecen e poñen a proba tanto a anfitrións coma a invitados. Por iso, sempre resultará útil que uns e outros tomen como referencia algunhas pautas para lograr o principal obxectivo: gozar da xornada.
A festa é un reflexo de quen a organiza. Os invitados, polo xeral, coñecen os anfitrións e poden facer unha idea do carácter e contido do acto.
é unha voda e hai baile, a etiqueta indica que o abre o pai coa noiva. Pasados uns minutos, o noivo pide permiso para bailar coa noiva e cédella a madriña ao padriño. Despois iranse sumando o resto de parellas. Pero isto é só unha fórmula que se pode modificar de acordo co propio criterio.En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI