Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Medio natural

Λ

Urbanos con menos fumes: Autobuses ecolóxicos

O hidróxeno ou o gas natural afiánzanse como alternativas ao gasóleo ou gasolina no transporte colectivo por cidade, pero o seu custo é aínda moi elevado

Un xesto tan sinxelo como utilizar o transporte público en vez do vehículo privado contribúe a diminuír a contaminación das grandes cidades. Non obstante, os autobuses, ao consumiren combustibles fósiles, tamén emiten gases nocivos para o medio ambiente. Por iso, os autobuses ecolóxicos, provistos de fontes de enerxía limpas coma o aceite de cociña reciclado, o hidróxeno, o gas natural ou mesmo os ouriños de ovella, comezan a ser vistos nas cidades.

A pesar das súas vantaxes medioambientais, a xeneralización destas alternativas está aínda lonxe de ser unha realidade. Os técnicos do proxecto de investigación "Utopía" da Unión Europea (UE), no que se estudou a viabilidades das novas tecnoloxías de transporte, consideran como dificultades de primeira orde os aspectos económicos, coma o prezo de compra, a dispoñibilidade no mercado e os custos de funcionamento.

Polo momento, as subvencións son claves para o arrinque destes prototipos. Por exemplo, Valencia conta co apoio económico do programa europeo LIFE - Medio Ambiente para o desenvolvemento do proxecto "Ecobus", que consiste na recollida de aceite vexetal usado na frixidura de alimentos para convertelo no biodiésel dunha frota que sobrepasa xa o centenar de vehículos urbanos. O custo deste proxecto ascendeu a un total de 1,67 millóns de euros.

Outro proxecto que tamén se realizou con financiamento europeo foi o denominado "Transporte Urbano Limpo para Europa" (CUTE, nas súas siglas en inglés) no que participaron desde 2003 nove cidades europeas, entre elas Madrid e Barcelona. O obxectivo era estudar as prestacións de tres autobuses equipados con diferentes tipos de pilas de hidróxeno en cada unha das cidades. A posta en marcha destes tres autobuses supuxo un desembolsamento duns 6 millóns de euros, un prezo no que se inclúe, entre outras cuestións, a asistencia técnica permanente, mentres que un modelo similar comercial de motor diésel custa uns 200.000 euros.

 No caso europeo, as alternativas aos combustibles de orixe fósil non só xorden por unha concienciación medioambiental, senón tamén por unha situación enerxética cada vez máis preocupante. A Axencia Internacional da Enerxía (AIE) advertiu que, de se continuar na actual liña de consumo, a dependencia da UE para abastecerse de petróleo chegará ao 92% en 2030. O Libro Branco do Transporte da Unión Europea propón a substitución para 2020 do 20% dos combustibles convencionais por outros menos contaminantes, co que se alcanzarían ademais os obxectivos do Protocolo de Kioto.

Por iso, é de esperar que nos vindeiros anos se incremente o uso deste tipo de vehículos con fontes de enerxía alternativas. Os expertos d proxecto "Utopía" enumeran as seguintes medidas para estimularen a súa adopción xeneralizada: esixencia de niveis de emisión de gases moi estritos, pechamento de zonas urbanas a certos tipos de tráfico, apoio á investigación científica e á industria do automóbil, e cambio na conduta dos usuarios.

Vantaxes e inconvenientes

Unha das opcións con máis futuro, segundo os expertos, é o hidróxeno. O seu funcionamento baséase nunhas pilas que alimentan electricamente o motor grazas a unha reacción química entre o aire e o hidróxeno. Este elemento químico pódese obter, por exemplo, con paneis solares, pódese almacenar en tanques e subminístrase a alta presión aos vehículos. Trátase dunha enerxía limpa -só desprende vapor de auga- e silenciosa -o motor non é de combustión, senón eléctrico-.

 Pola súa parte, os autobuses que circulan con biodiésel cumpren unha dobre función ecolóxica, melloran o rendemento do motor e aforran en diésel convencional, un combustible mesmo máis contaminante ca a gasolina, amais de contribuír á reciclase de refugallo que con posterioridade se utiliza como carburante.

En canto ao gas natural, neste caso comprimido (GNC), tamén permite unha gran redución de emisións contaminantes e ruído. Igual ca os autobuses de hidróxeno, os vehículos de GNC necesitan unha planta na que encher os depósitos a unha presión suficiente para as necesidades do motor.

Pero, estes novos combustibles tamén presentan unha serie de inconvenientes que limitan polo momento o seu uso xeneralizado. Amais dos custos económicos, os especialistas do proxecto "Utopía" indican en segundo lugar aspectos técnicos e prácticos, coma o tempo necesario para repoñer ou recargar, así como a autonomía e a fiabilidade, mentres que a relevancia doutros factores, coma o confort ou a facilidade de condución, sitúase nun plano secundario.

Para evitar estes inconvenientes, algúns expertos avogan por unha transición mediante o uso de vehículos híbridos que combinen motores convencionais e sistemas de propulsión alternativos. Por exemplo, a cidade estadounidense de Seattle dispón dunha frota de máis de 200 autobuses híbridos fabricados por General Motors.

Casos reais

Desde 2002, Valencia conta cunha frota de autobuses con biodiésel para os que a participación cidadá é fundamental. A materia prima obtense grazas á colaboración de bares, restaurantes, colexios, hospitais e hoteis da cidade aos que se lles entrega un bidón de 25 litros que é recollido posteriormente polos responsables do proxecto. A idea é que nun futuro próximo colabores tamén os propietarios de domicilios particulares. Outras cidades como Mataró, Pamplona, Santander ou Bilbo contan tamén con autobuses movidos por diésel de orixe vexetal.

A orixe destes biocombustibles pode ser moi variada. Como exemplo curioso destaca o da localidade británica de Wínchester. Polas súas rúas móvese un autobús que utiliza ouriños de ovella. O amoníaco contido na urea reacciona co óxido nitroso dos fumes do tubo de escape e convérteos en nitróxeno e vapor de auga, menos daniños para a atmosfera.

Unha das alternativas máis utilizadas é a do hidróxeno, que propulsa autobuses de cidades de todo o mundo. Recentemente, os responsables institucionais de Soria e León anunciaban que os seus municipios adquirirán autobuses de pila de hidróxeno, grazas ao proxecto europeo Hychain - Ministrans. Os concellos de Málaga, Madrid, Barcelona, Valencia, Tenerife e Donostia crearon unha Agrupación de Operadores que promoverá os autobuses de combustión de hidróxeno e a construción de plantas para obter este elemento. En canto ao gas natural, está sendo tamén utilizado como combustible en autobuses que se desprazan por cidades coma Barcelona, Valencia ou Málaga.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto