Saltar o menú de navegación e ir ao contido
As persoas que deben asistir a familiares enfermos ou impedidos tamén necesitan axuda e comprensión nunha tarefa que provoca un gran desgaste
O deterioro físico ou psíquico dun membro da familia produce cambios drásticos e traumáticos no seu contorno. Xunto co golpe emocional xorden os problemas derivados da necesidade de atención permanente, labor que corresponde a un ou varios familiares. Estas persoas asumen un papel, o de coidadores, que irrompe na súa vida e transfórmaa de maneira completa. A asimilación desta viraxe vital non é sinxela. Por esta razón, non de sebe dubidar en pedir axuda ou recorrer a un especialista.
Custa facerse á idea do debilitamento do ser querido. A pesar de que o decaemento sexa evidente, a parella, se a hai, os fillos, os xenros e noras, os netos e os irmáns queren crer que só "está pasando unha mala xeira". Pero a realidade imponse e, a medida que se asume, enténdese que a enfermidade no só vai afectar a quen a padece, senón que mudará a vida de todos os que están ao redor, especialmente a dos coidadores.
Pode ser Párkinson, Alzheimer, demencia senil, arteriosclerose ou, simplemente, moitos anos e necesidade de coidados. Nesta primeira fase preséntanse os primeiros síntomas de malestar no coidador. Agoníase porque lle cadrou precisamente a el ou a ela, ou porque non hai un repartimento equitativo de responsabilidades entre os distintos membros da familia. É normal que se vivan sensacións de estar amolado, pero os que as senten considéranse, para os seus adentros, culpables. Por iso cómpre que as persoas coidadoras poidan liberarse desa culpa falando sen reparos dos efectos negativos no seu estilo de vida. Isto asumirase con máis facilidade cando a situación entre dentro do cotián. Daquela os coidadores sentiranse máis libres para queixarse e solicitar colaboración dos outros membros da familia. Aprenderán que a súa saúde, e non só a da persoa dependente, é importante e programarán máis tempo para as súas necesidades, o seu lecer, as súas relacións sociais e para o seu descanso.
qué función e qué responsabilidade vai afrontar cada un. É moi importante organizar reunións da familia para valorar entre todos cales son os problemas que xurdiron e determinar como distribuír os papeis que cada un vai ocupar. Nesas reunións débense estudar as posibilidades e limitacións de cada membro da familia e, segundo iso, establecer calendarios. Mesmo así hai que prepararse -e así se debe consensuar desde o principio- para afrontar as desavinzas e conflitos que se produzan durante o proceso do coidado, algo, por outra parte, normal.Máis do 80% dos coidadores experimentan altos niveis de estrés que se manifesta en irritabilidade, esgotamento, problemas físicos de saúde, enfados, distanciamento e depresión. Se aparecen dous ou máis destes síntomas da "síndrome do coidador" -perder a ilusión por vivir, non poder coller o sono, atender 24 horas ao día o familiar enfermo, sentir anguria, perder a gana de comer, beber alcol ou tomar drogas- é necesario pedir axuda profesional. O médico de cabeceira é unha boa opción e está preparado para atender estes casos. Para recibir a atención correcta, o coidador debe explicar ao médico a situación na que se atopa e describir o seu estado anímico e físico.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI