Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Economía Doméstica

Λ

Encimeiras de cociña: Para todos os gustos

Os novos materiais, compostos de cuarzo, resinas e cristal, impóñense aos tradicionais coma o mármore ou o granito.

 Funcionalidade, resistencia e estética son as características que se esixen hoxe en día aos materiais de cociña, especialmente aos utilizados nas encimeiras. Isto contribuíu a que os tradicionais materiais coma o mármore e o granito estean sendo substituídos por outros máis económicos pero de similar calidade e duración, coma o aceiro inoxidable, o carballo alistonado, a faia vernizada ou a combinación de cristal e madeira. Pero de todos eles, o máis demandado é o coñecido comercialmente como Silestone, que, segundo os expertos consultados, se coloca actualmente en tres de cada catro cociñas novas.

Materiais actuais

O aceiro inoxidable. Aínda que ata hai pouco non era un material moi común para as encimeiras de cociña, ultimamente gañou adeptos. O aceiro inoxidable é un dos compostos máis hixiénicos que hai (de aí que sexa utilizado en cociñas industriais e en restaurantes, por exemplo). O seu principal inconveniente é o moito que se notan as zarrapicadas que caen nel, aínda que como contrapartida resulta moi fácil de limpar e é moi resistente. Este tipo de encimeiras está formado por unha táboa de aglomerado e unha chapa de aceiro de entre 1 e 2 milímetros de espesor. O prezo anda polos 150 euros por metro lineal.

Carballo alistonado. Trátase dunha encimeira de formica ou dun material de baixa calidade chapado en carballo alistonado. Pódese elaborar a xogo cos mobles da cociña, do chan, dos azulexos... É moi resistente e o seu prezo non adoita superar os 110 euros por metro lineal.

Faia vernizada. Utilízase tanto en encimeiras de cociña coma de baños. O único requisito que precisa é que recibise un bo tratamento impermeabilizante para que a humidade non acabe danando a súa superficie co tempo. O verniz pódese elixir mate ou brillante. O seu prezo anda polos 250 euros por metro lineal.

Vidro e aceiro. Estes dous materiais combínanse nas encimeiras máis vangardistas, que se queiran adaptar a un espazo e unha forma concreta. Para a superficie utilízase un vidro puído que se remata cun perfil de aceiro inoxidable. O prezo depende da prancha de vidro que se utilice e do aceiro, aínda que se poden encontrar a partir de 100 euros.

Cristal e madeira. Combinación de materiais moi vistosa pero sumamente delicada e fráxil, ademais de cara e función da madeira elixida. Resulta pouco práctica para cociñas de moito uso polos minuciosos coidados que require. Por esta razón, esta combinación de materiais se coloca pouco.

Mármore micro. É un dos materiais máis innovadores, formado por resinas e minerais. É de gran resistencia e ten un prezo moi inferior aos mármores naturais, arredor de 100 euros o metro lineal.

Combinación de cuarzo máis resinas e cristal (Silestone). Trátase dunha pranchas elaboradas a partir de cuarzo natural (94%), resinas polímeras e cristal, o que confire unha gran resistencia a este tipo de encimeira. Entre as súas vantaxes destaca a posibilidade de fabricala en multitude de cores -é máis fácil combinar a encimeira con outros elementos da cociña- e a súa resistencia ao desgaste e ás rabuñadas. Soporta ben a calor, aínda que se recomenda non colocar sobre estas superficies útiles de cociña moi quentes. Ademais, aos se tratar dun material non poroso a súa resistencia é catro veces superior ao granito, dificultando que fenda e rompa. Tamén o seu mantemento e limpeza son moi sinxelos. Dadas as múltiplas vantaxes, trátase do material utilizado no 90% das cociñas que se colocan nestes momentos. Dependendo do grosor da encimeira, así como do número de metros necesarios e a cor desexada, o prezo aproximado é de 250 euros por metro lineal.  

Materiais máis tradicionais

Mármore. Hai aproximadamente unha década o mármore impúxose nas cociñas españolas, con permiso do granito, fundamentalmente porque se trataba dun material tan resistente coma este último pero máis económico. A principal novidade que experimentou este revestimento é que aos mármores nacionais brancos engadíronse outros de importación con variedade de cores e bos acabados.

Granito. A súa principal vantaxe é que se trata dun material natural que, a diferenza do mármore, precisa de menos coidados e é altamente resistente. A gama de granito do mercado español é amplísima, aínda que xunto ao nacional se comercializa o de importación, bastante máis caro (fundamentalmente pola súa variedade de cores). O nacional pódese adquirir a partir de 300 euros o metro, dependendo do grosor, e o importando a partir de 350 euros, en función das cores.

Madeira. Trátase do material máis demandado nas cociñas rústicas, que adoitan estar fabricadas en madeiras nobres coma o carballo ou a faia. Ademais, unha encimeira de madeira combina moi ben co resto de elementos da cociña. Moitos fabricantes non recomendan a súa instalación en encimeiras próximas ao vertedoiro pola súa alta sensibilidade á auga. Para evitar un deterioro prematuro pola humidade aconséllase que antes de colocala se trate con algún produto selador que a protexa da auga. O metro cadrado oscila entre os 300-350 euros, en función do tipo de madeira e do seu grosor.

Estratificado. É o material máis barato co que se pode fabricar unha encimeira de cociña. Entre as súas principais vantaxes destaca a súa sinxeleza para limpar e que a lámina que o recobre permite imitar calquera tipo de material. Entre os seus inconvenientes hai que citar a facilidade coa que se raia e a súa escasa resistencia á luz directa do sol.


Relacións deste contido

Descargar esta información en PDF

PDF: Fai clic aquí para Descargar esta información en PDF (142 Kb)

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto