Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Visitados 425 lugares e establecementos públicos "libres de fume" en 18 cidades españolas: A lei antitabaco comeza a render froitos: fúmase moito menos que hai tres anos en lugares públicos

Pero o informe proporciona datos preocupantes: había nenos e mozos fumando na metade das discotecas para menores, e en tres de cada catro casos en que se viu fumar en lugares con zona de fumadores, fumábase fóra delas.

 Hai evidencias abondas de que o fume do tabaco no ambiente, é dicir, o consumo pasivo ou involuntario de tabaco, é causa de mortalidade, enfermidade e discapacidade. A Axencia Internacional de Investigación do Cancro da OMS determinou que a exposición ao aire contaminado con fume do tabaco é carcinoxénica nos seres humanos.

A lei antitabaco 28/2005, ou "Lei de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco" entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2006. Tres meses despois, CONSUMER EROSKI comprobou en que medida se respectan os "espazos sen fume" que establece a norma. Esta revista xa publicou en 1998 e 2003 senllos informes baseados en estudos de campo, que desvelaban o escaso grao de cumprimento da norma que prohibía fumar en establecementos públicos (a nova lei, máis restritiva, inclúe como espazos "sen fume" bares e restaurantes, discotecas, etc.)

Nesta ocasión, técnicos de CONSUMER EROSKI visitaron, dúas veces cada un e en días distintos do pasado mes de marzo, 425 espazos públicos nos que está prohibido fumar ou debe facerse en zonas habilitadas expresamente para iso, ubicados en 18 cidades do noso país: A Coruña, Alacante, Barcelona, Bilbo, Córdoba, Granada, Logroño, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, Donostia, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza. Visitáronse en horas de máxima afluencia e durante 45 minutos en cada unha das dúas ocasións, 18 aeroportos, 18 concellos, 18 bancos ou caixas de aforros, 90 bares ou restaurantes de máis de cen metros cadrados, 20 centros comerciais, 17 edificios centrais de Deputación, 30 discotecas de adultos, 25 discotecas light para menores, 19 estacións de autobús, 18 de tren, 18 hospitais de grandes dimensións, 20 hoteis, 27 institutos de ensino medio, 20 mercados ou prazas de abastos, catro instalacións de metro (Bilbo, Valencia, Barcelona e Madrid), 24 aparcamentos cubertos e 21 universidades.

Os observadores enviados por esta revista, que actuaron sen desvelaren o motivo da súa presenza, visitaron en cada lugar as zonas de acceso público (zonas de atención aos usuarios, salas de espera e de exposición, corredores, vestíbulos, escaleiras, servizos). Unha vez nelas, comprobaron se alguén fumaba. ademais, entre outras cuestións, observaron se había ou non sinalización de prohibido fumar, se as zonas de fumadores, onde existisen, estaban ben habilitadas e indicadas, se cheiraba a tabaco ao entrar, se no chan se vían cabichas e se os empregados dos establecementos vendían tabaco -a lei prohíbeo.

A primeira pregunta que cabe facerse é se se fuma en espazos públicos nos que a restrición é total (a lei non permite que se habiliten zonas de fumadores neles). A resposta só pode ser unha: si, porque, coas únicas excepcións de hospitais (aínda que nun de cada cinco se viron cabichas no chan) e edificios centrais das deputacións, viuse xente fumando en boa parte dos espazos públicos visitados: o 60% das discotecas para menores, a metade dos mercados de abastos, o 35% das universidades, o 30% dos aparcamentos cubertos, nun dos catro metros visitados, o 15% dos institutos, no 5% dos museos, bancos e caixas de aforrro, e concellos.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto