Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Nenos: adaptar a casa para evitar accidentes: Un fogar a proba de nenos

Os accidentes domésticos son a causa máis frecuente de lesións nos máis pequenos. Non ocorren por casualidade e son, na súa maioría, evitables

Perigo e situacións que cómpre considerar

Mobiliario

  • É útil colocar protectores nas esquinas e salientes dos mobles.
  • Os mobles deben ser estables e ser parafusos soltos nin arestas.
  • Débense fixar á parece os andeis e os mobles altos que poidan envorcar.
  • Hai que retirar as mesas e outras superficies de cristal. Se as portas son deste material, convén cambiar os cristais por outros de seguridade; no seu defecto, pódense colocar unhas películas transparentes que impidan que en caso de rotura os anacos caian ao chan.
  • Débense colocar topes nas portas dos cuartos para evitar que se pechen pillándolles os dedos.

Ventás e balcóns

  • Recoméndanse pechos de seguridade ou con sistemas de apertura que lles impidan abrilas ou que só se abran un pouco.
  • Non hai que deixar testos, caixas, cadeiras, mesas ou outros obxectos aos que se poida subir preto de ventás e balcóns.
  • As ventás situadas a menos dun metro de altura deben estar protexidas con varandas ou reixas.

Aparellos eléctricos e radiadores

  • Convén cubrir con protectores todos os enchufes e alongadores que estean ao alcance dos nenos. Tamén é conveniente que teñan toma de terra.
  • Hai que asegurarse de que se dispón dun interruptor diferencial (ICP). Trátase dun mecanismo de protección de circuítos que detecta unha desviación da voltaxe e corta a corrente. A súa instalación é obrigada en vivendas de nova construción (vén de obra), pero se se carece de ICP convén contactar coa compañía eléctrica para solicitar a súa colocación.
  • Débense poñer fóra do seu alcance todos os cables, e evitar os que estean soltos e sen illante.
  • O forno, a placa eléctrica e a vitrocerámica poden producir queimaduras coa calor residual despois de estaren apagados.
  • Os radiadores han estar a unha temperatura baixa dabondo para evitar que lles produzan queimaduras en caso de que os toquen.
  • As estufas de gas e os braseiros de carbón non son recomendables porque o risco de asfixia e queimaduras é moi alto. Se se utilizan, han estar protexidas para que non logren acceder a elas, nin consigan introducir obxectos que poidan arder.

Medicinas e produtos de limpeza

  • As medicinas e produtos de limpeza débense gardar fóra do seu alcance en armarios altos ou baixo chave.
  • É desexable que os envases teñan tapóns e dispositivos de seguridade que non poidan ser abertos polos nenos.
  • Non hai que converter o botiquín nun lugar secreto que esperte a curiosidade dos máis pequenos. E mellor non tomar medicamentos en presenza dos nenos.
  • Par conseguir que inxiran as súas medicinas sen protestar, non lles diga que son lambetadas: desta maneira incítanse a buscalas para tomalas pola súa conta.
  • Hai que prestar unha atención especial aos antitérmicos e analxésicos. As súas cores e o seu sabor resultan moi atractivos para os nenos.
  • Os produtos de limpeza ou tóxicos deben manterse no seu envase orixinal e non poñelos en botellas ou recipientes de bebidas. Cando se utilicen, non hai que perdelos de vista para que non os collan nun descoido.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto