Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
Os accidentes domésticos son a causa máis frecuente de lesións nos máis pequenos. Non ocorren por casualidade e son, na súa maioría, evitables
Estufas, chans esvaradíos enchufes, ventás abertas, escaleiras, mesas de cristal, aparellos eléctricos, fármacos... Cando os nenos comezan a agatuñar, a casa convértese nun lugar cheo de emocións e descubrimentos, pero non está exenta de riscos. Segundo datos da Cruz Vermella Española, obtidos a través do Instituto Nacional de Estatística e a Enquisa Nacional de Saúde, o número de menores falecidos por accidentes domésticos ascendeu durante o 2003 a 1.121, o que sitúa o fogar coma o principal foco de accidentes dos máis pequenos, por riba dos accidentes de tráfico.
Na mesma liña apunta o informe de Detección de Accidentes Domésticos e de Ocio de 2003 (DADO), elaborado polo Instituto Nacional de Estatística (INE). que indica que no interior dos domicilios se rexistraron ese ano o 89% dos accidentes sufridos por menores dun ano. Máis da metade deles ocorreron no comedor ou o dormitorio, e as caídas foron, nun 64,9% dos casos, as causantes das lesións dos nenos. O mesmo estudo sinala a franxa horaria que vai desde as cinco ás oito da tarde como a máis crítica. Entre o 24 e 45% dos accidentes, segundo as idades, suceden entre esas horas, que coinciden co regreso da gardería ou a escola, e cun momento do día, antes de deitarse, no que os nenos se atopan cansos e máis inquietos, e os pais dispoñen xa das últimas enerxías.
Cocina
Baño
Habitación
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI