Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Atún en aceite vexetal en lata: Bo, bonito e barato

Moi saudable, de gran valor nutritivo, económico, fácil de preparar e consumir... Todo son vantaxes neste produto.

O laboratorio analizou un deses produtos alimentarios que -amais de moi popular- teno todo: é barato e saboroso, ata o punto de que gusta a toda a familia, pode empregarse facilmente en infinidade de pratos e presentacións incluídos bocadillos e comida rápida, e o seu contido en proteínas de gran calidade convérteo en moi nutritivo. Por se fose pouco, farta o seu e non é un produto demasiado calórico. E,. por último, quizais o máis importante: ao se tratar dun pescado azul cuberto de aceite de soia ou xirasol, o seu consumo habitual devén moi saudable, xa eu achega abundantes cantidades de graxa omega-3 (do atún) e omega-6 (do aceite), que axudan a previr e mellorar as enfermidades do corazón e das arterias, as temidas patoloxías cardiovasculares. En canto aos minerais, abundan no atún fósforo e magnesio.

Un simple bocadillo de atún constitúe unha inmellorable merenda para nenos, adolescentes e mulleres embarazadas. Só un inconveniente pode ser atribuído ao consumo habitual de atún: o seu contido en purinas (que no noso organismo se transforman en ácido úrico) convérteo en desaconsellable para os que padecen hiperuricemia ou gota.

Este comparativo estuda sete mostras de atún claro en aceite vexetal, unha das conservas máis consumidas no noso país. Véndese en latas cun peso neto que vai de 80 a 266 gramos. O máis caros (Rianxeira e Campos) saían a 10,11 euros o quilo de produto escoado (sen aceite) mentres que o máis barato (Isabel) queda en 8,39 euros o quilo.

 Os resultados da análise revelan que é un produto moi ben elaborado pola industria alimentaria: os defectos de peso foron irrelevantes, as sete mostras estaban en correcto estado hixiénico-sanitario, non presentaron ningún problema de frescura e carecían de defectos de calidade comercial. A análise de ADN, que determina a especie de pescado empregado en cada lata, confirmou que en todas elas o pescado era, conforme establece a norma, atún claro, 'Thunnus abacores', e non outro distinto de menor custo.

Dado que a composición nutricional presúmese case idéntica nas 7 mostras (conteñen atún, aceite (de xirasol ou soia- e sal, máis nada), á hora de elixir entre unha e outra só cabería atender ás características organolépticas (sabor, aroma, zumosidade, cor, aspecto) e ao prezo. Neste comparativo as mellores opcións son Palacio de Oriente e Miau, se ben Rianxeira, un 12% máis caro, foi con diferenza a mellor na cata.

Como se elabora

O atún chega á conserveira case sempre conxelado a -18ºC, e unha vez na fábrica, realízase -na maioría dos casos de forma artesanal- o eviscerado, escamado e limpeza do peixe. O corte, segundo tamaña, é o paso previo á preparación culinaria, da que dependerá o saber final do produto. Os anacos de atún xa cociñado introdúcense en latas, engádeselles aceite (de oliva ou vexetal) o déixanse "ao natural", e posteriormente cérranse hermeticamente e esterilízanse mediante a aplicación dun tratamento térmico suficiente en tempo e temperatura para eliminar as especies microbianas máis resistentes e acadar así un produto de longa duración que mantén os seus valores nutricionais. As conservas de atún non conteñen máis aditivo conservante ca o sal, que á súa vez é saborizante, xa que o procedemento da esterilización abonda para manter intacto o produto ata o seu consumo.

Latas ben etiquetadas

A información obrigatoria que debe constar nas etiquetas deste produto é a denominación de venda (tipo de pescado, presentación e líquido de cobertura), identificación da empresa, lista de ingredientes, peso neto e escoado, lote e data de consumo preferente. A norma non obriga a especificar o tipo de aceite vexetal empregado. Só se detectou unha irregularidade: Conservas Peña non indica no mesmo campo visual toda a información que establece a norma. É de salientar que todas as latas inclúen a composición nutricional, información non obrigatoria. E todas locen o símbolo "Punto verde" dos envases adheridos a un sistema de xestión que asegura a súa recollida, o que á súa vez facilita a súa reciclaxe. Campos, Rianxeira e Calvo destacan, a xeito de reclamo publicitario, que o seu produto contén ácidos graxos "omega-3", cousa que non deberían facer porque o omega-3 atópase de forma natural no atún e, xa que logo, en todas as mostras estudadas.

Máis polo miúdo, o nutricional

O contido medio de proteínas no atún é do 23%, e son proteínas de alto valor biolóxico porque achegan todos os aminoácidos esenciais que o noso organismo require. Por outra parte, é un pescado azul e polo tanto contén bastante graxa: o 12% no atún fresco e máis no de conserva en aceite, porque este engade a súa propia graxa. No atún en conserva, á acción beneficiosa dos ácidos graxos omega-3, característicos dos pescados azuis, deben engadirse os efectos saudables dos omega-6, abundantes nos aceites de xirasol e soia. O atún en conserva, por outro lado, achega (debido ao aceite) máis calorías ca o atún fresco á prancha ou ao forno. Cen gramos de atún en conserva representan 285 calorías, fronte ás 200 calorías en que queda o atún fresco. O colesterol non é escaso no atún en conserva (50 mg/100 g) se ben se trata dun contido moi inferior ao de alimentos ricos nesta substancia, coma fégado (máis de 300 mg/100 g), os embutidos (entre 70 e 80 mg/100 g), e foie gras (case 400 mg/100 g) ou paté (100 mg/100 g). Ademais, a capacidade de aumentar o nivel de colesterol sanguíneo humano é menor nos pescados ca noutros alimentos de orixe animal coma os citados. Isto débese ao perfil dos ácidos graxos dos pescados. Expliquémolo: hai unha relación directa entre os ácidos graxos saturados dos alimentos e o colesterol sanguíneo, de maneira que, a maior concentración de graxas saturados na dieta maior é a posibilidade de hipercolesterolemia. como a proporción de graxas saturadas nos pescados é moi inferior á doutros alimentos, a súa capacidade de elevar o colesterol humano é así mesmo moito menor.

Ao consumir atún en conserva inxírese tamén unha significativa dose de minerais, coma potasio (264 mg/100 g), fósforo (230 mg/100 g) e sodio. Este último é o máis abundante (400 mg/ 100 g), xa que o sal se emprega como conservante. A rapidez do tratamento térmico da conserva e a técnica de esterilización aseguran que se manteña case todo o contido de vitaminas do atún, que como pescado graxo é vehículo de vitaminas liposolubles (D e E) e hidrosolubles (B3, B6 e B12). Ademais, o aceiro da lata preserva o alimento da luz, polo que se conservan compoñentes fotosensibles como as vitaminas A e B6 e en menor medida, o ácido fólico.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto