Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

O centro escolar non protexe unha alumna acosada polos seus compañeiros

 Unha nena de dez anos sufriu acoso e malos tratos de compañeiros do colexio público ao que asistía. Diante da pasividade do centro, os pais trasladárona de escola e comezaron accións penais contra os acosadores. Tras quedaren probados os malos tratos psicolóxicos, solicitaron sen éxito á Consejería de Educación de Castilla-La Mancha unha indemnización polo dano padecido. Os pais recorreron e o Xulgado do contencioso administrativo de Albacete, en sentenza de 19 de setembro de 2005, resolveu a favor dos demandantes e condenou a Administración a indemnizar con 2.000 euros os danos psicolóxicos padecidos, amais dos gastos médicos (1.295 euros). Considerou probado que a situación de ansiedade e o trastorno adaptativo que sufría a nena foi comunicado á dirección do centro e, aínda así, non adoptou ningunha medida. Por iso concluíu que a causa da actitude de carácter omisivo -e en ocasións permisivo- do centro producíronse os danos morais que sufriron tanto a menor coma os seus pais, e que esta actitude, nun servizo público tan relevante como é o da educación dunha nena en pleno proceso de formación emocional e de relación cos seus semellantes, xeraba unha responsabilidade patrimonial.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto