Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

A construtora entrega con atraso unha vivenda

 Uns consumidores adquiriron unha vivenda en construción cunha data aproximada de entrega que se indicaba no contrato. Lonxe de cumprirse, a entrega atrasouse dez meses e durante ese tempo os compradores tiveron que alugar unha vivenda. Dado que o vendedor non se quixo facer cargo dos gastos do alugueiro, o caso acabou en tribunais e a Audiencia Provincial de Palma de Mallorca, en sentenza de 21 de marzo de 2005, resolveu a favor dos compradores. Argumentou que a expresión no contrato de que a entrega se faría "aproximadamente en xuño de 2002" non restaba validez a esta esixencia, toda vez que o adverbio "aproximadamente" significa "con proximidade, con curta diferenza", e parecía evidente que unha demora de dez meses excedía esa curta diferenza temporal pactada. Rexeitou tamén a tese de prazo orientativo utilizada polo vendedor, ao considerala cláusula abusiva consonte a Lei de Defensa dos Consumidores e Usuarios, que dá ese carácter ás cláusulas nas que se consignan datas de entrega simplemente indicativas condicionadas á vontade do profesional. Por todo iso, condenou a vendedora a indemnizar con 3.768 euros, máis os intereses legais, e a pagar as custas.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto