Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

'Widgets': Escritorios multiservizo

Os widgets son diminutos programas que ofrecen funcións útiles e divertidas que van desde as previsións meteorolóxicas ao manexo dos altofalantes do ordenador.

Os 'widgets' aseméllanse ás pezas imantadas adheridas á porta da neveira que serven para tomar notas rápidas ou ter á vista un número de teléfono. Estas pequenas aplicacións informáticas atópanse moi lonxe de programas como Photoshop, MS Office ou iTunes, capaces de faceren mil funcións. Cada 'widget' especialízase nunha tarefa (polo xeral moi simple), pero faino de forma sinxela e eficaz: hainos que serven para subir ou baixar o volume dos altofalantes ou resolver rápidas regras de tres; outros mostran a hora en reloxos de mil estilos, ofrecen pequenas ventás alongadas para escribir unha nota de maneira rápida ou realizan buscas en Google, no diccionario da RAE...- sen necesidade de abrir o navegador.

O catálogo de utilizades inclúe as previsións meteorolóxicas, as noticias do día de case calquera web ou as fotos dixitais que o usuario ten almacenadas no disco duro. Incluso, co 'widget' apropiado, pasarán pola pantalla as imaxes procedentes de páxinas web como Flick (www.flickr.com) , nas que os internautas gardan os seus álbums de fotos.

Os programas de 'widgets' están dispoñibles nos sistemas operativos máis comúns (Windows, Mac OS X e Linux) e con funcións moi variadas e curiosas, pero todos teñen algo en común: descárganse da Rede dunha maneira simple e rápida (son case sempre gratuítos) e instálanse no ordenador. Algúns vense de forma constante no fondo do escritorio e outros aparecen na pantalla cando se preme unha tecla. Ademais, pódense manexar comodamente co rato e teclado como un programa máis.

Yahoo! Widgets, aberto aos usuarios

Unha das principais referencias dentro dos 'widgets' vincúlase coa palabra Konfabulator. con ese nome identificábase unha aplicación de pago que ofrecía ao internauta a posibilidade de descargar os 'widgets' que desenvolvía tanto par Windows como para Mac OS X. A pesar do seu prezo (case 20 euros), o servizo tivo un grande éxito pola creatividade e utilidade da súa listaxe de programas, entre eles un reloxo de agullas, un servizo meteorolóxico e medidores da carga da batería en portátiles e do uso da CPU (par medir a actividade do procesador) en todo tipo de ordenadores.

O buscador Yahoo! adquiriu o servizo e non só decidiu ofrecelo de forma gratuíta, senón que ademais deixou parte do código de Konfabulator aberto para que os usuarios puidesen acceder a el e desenvolver novos 'widgets'. A páxina Konfabulator, agor chamado Yahoo! Widgets (http://widgets.yahoo.com/), alberga os novos programas elaborados polos internautas e permite que outros usuarios os descarguen no seu ordenador, co que o número destes miniprogramas e a diversidade das súas funcións aumentaron notablemente: moduladores de volume, controis para manexar o reprodutor de audio iTunes sen necesidade de abrilo, aplicacións para conectar coas máis diversas radios de Internet ou ventás para buscar produtos nos grandes almacéns son algúns exemplos. 

Dashboard: exclusivo para Macintosh

Mentres que Konfabulator é un servizo que se pode descargar tanto nos ordenadores que funcionan co sistema operativo Windows coma nos que o fan co Mac OS X, o xestor de 'widgets' Dashbord está deseñado só para os ordenadores Macintosh e as súas diminutas aplicacións unicamente funcionan nestes ordenadores. Iso si, non hai que instalar nada: o programa vén incluído de serie na última versión de Mac OS X, chamada Tigre.

Este servizo ofrece, entre outras cousas, dicionarios coma o da RAE, tradutores de diferentes idiomas, información do tempo, das novas de actualidade, unha calculadora, un conversor de unidades e outro de moedas actualizado en tempo real. Dashboard mesmo ten unha aplicación para seguir a chegada dos voos aos diferentes aeroportos e saber se acumulan ou non retraso, de xeito que o usuario pode axustar a súa saída.

A barra lateral de Google Desktop

Todas as aplicacións e servizos que desenvolve o buscador Google teñen como características comúns a sinxeleza e o sentido práctico. Hai uns anos esta empresa lanzou á Rede Google Desktop, un programa que se descargaba ao ordenador e servía para que os usuarios puidesen buscar entre os arquivos e programas do disco duro aquilo que desexaban. Non era exactamente un 'widget', nin sequera era tan bonito ou tan divertido como son os de konfabulator e Dashboard, pero si moi útil.

Recentemente Google Desktop completouse cunha serie de 'widgets' entre os que salienta a súa 'barra lateral'. Esta aplicación ofrece os mesmos servizos que se poden atopar nos outros xestores. Con todo, lonxe de constituír un conxunto de pequenos programas espallados pola pantalla ao gusto do usuario, a 'barra lateral' de Google Desktop non se pode mover da marxe dereita do monitor e ocúpaa de arriba a abaixo ofrecendo os seus servizos en cadoiro.

Outra diferenza da 'barra lateral' de Google Desktop consiste en que as súas funcións parecen máis pensadas para aforrarlle ao usuario buscas innecesarias en Internet ca para simplificar o manexo dalgunhas funcións do ordenador. A 'barra lateral' avisa das últimas mensaxes de correo electrónico que se recibiron e de cando chegaron á caixa de correos. Tamén inclúe un compendio de novas de actualidade. Ademais, permite acceder ao servizo de mapas de Google e ver os contactos do servizo de mensaxería instantánea Google Talk.

Tamén para o sistema do pingüín

  • Os ordenadores con Linux (de licenza libre e gratuíta) tamén poden adornarse con interesantes 'widgets' que algúns internautas crearon e albergan nas súas páxinas web. Estas aplicacións teñen un aspecto e unhas funcións similares ás de Dashboard de Mac OS X. Pero foron desenvolvidas por usuarios que non están relacionados con ningunha compañía con fins comerciais.
  • O conxunto de 'widgets' para Linux máis importante agrúpase no xestor Superkaramba (http://netdragon.sourceforge.net/superkaramba.html), que pon ao dispor de calquera usuario deste sistema operativo unha serie de programas para personalizar a barra do navegador, controlar a reprodución de música, fotografías e películas no ordenador ou buscar calquera información en Internet. Os 'widgets' de Superkaramba non funcionan en Windows nin Mac OS X, pero afirman que Superkaramba si será capaz nun futuro próximo de utilizar os 'widgets' de Dashboard.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto