Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Análise de informativos: As novas sobre sucesos triplican o seu espazo nos telexornais

Deporte e política acaparan cerca da metade do tempo dos informativos. Pola contra, o destinado a cultura, medio ambiente, ciencia, saúde e consumo é cada vez máis escaso

 Case o 90% da poboación española maior de 14 anos ve a tele habitualmente, fronte ao 41% que le diarios e ao 55% que escoita a radio, segundo o Estudo Xeral de Medios, EXM, de 2005. Outro dato elocuente: o 70% dos telespectadores ve habitualmente os "telexornais", e a metade deles non segue fielmente os dunha cadea xa que adoitan ver un día o dunha cadea e outro o doutra distinta. Polo tanto, pode concluírse que unha ampla maioría da poboación española infórmase do que acontece en España e no mundo mediante os noticiarios de TV. Isto, á súa vez, significa que boa parte do grao de información, e quizais mesmo da opinión, de moitos españois está moi vinculada ao contido dos telexornais. Parece pertinente que unha revista de consumo que investiga a sociedade na que vivimos se pregunte como son os espazos informativos das principais cadeas de TV.

CONSUMER EROSKI analizou os telexornais de máis audiencia das cinco cadeas nacionais (TVE 1, TVE 2, Tele 5, Cuatro e Antena 3) e das autonómicas catalá (TV3), madrileña (Tele Madrid), galega (TVG), vasca (ETB2), balear (IB3), manchega (CMT) e valenciana (Canal 9), nun traballo que recompilou e estudou o contido de 684 telexornais e 16.752 noticias, nun total de 587 horas de emisión. Comprobouse fundamentalmente de que temas falaban as noticias, e non outras variables, como poderían ser o enfoque e o modo con que se trataban ou o tipo de produción da emisión.

Telexornais: máis "espectaculares" que informativos?

As conclusións, mesmo que non sorprendan a ninguén, invitan a unha importante reflexión: conviría que os telexornais se liberasen dos ditados comerciais a que se someten indisimuladamente o resto de programas emitidos en hora de máxima audiencia?, ou, dito doutro xeito, é comprensible que os responsables destes espazos informativos vivan, como o fan hoxe, tan pendentes da guerra de audiencias como as series de ficción, os reality-show ou calquera outro programa de evasión? As preguntas son necesarias e procedentes, porque a realidade é a que é: os telexornais das cadeas de TV españolas renuncian a tratar contidos tan relacionados coa vida dos cidadáns como o medio ambiente, a saúde, a ciencia, o consumo, e mesmo a cultura (o tempo dedicado a todos estes temas apenas representa hoxe o 15% do que duran os telexornais), en favor de informacións máis espectaculares e atractivas como os sucesos e accidentes ou os deportes, que sumados acaparan case o 40% dos informativos. Ademais, as cousas van a peor: nun informe similar realizado por CONSUMER EROSKI en 2002, a suma do tempo dedicado a cultura, consumo, medio ambiente, saúde e ciencia representaba o 20%, e os sucesos absorbían algo menos do 7% do tempo cando hoxe ocupan case o 18%.

Así, hoxe (a gravación dos telexornais fíxose en xaneiro e febreiro de 2006), e sempre falando de datos referidos á media das 13 cadeas de TV analizadas, cinco nacionais e oito autonómicas, os bloques destinados a noticias deportivas, política e sucesos acaparan case o 60% do tempo dos informativos, mentres que os de índole económica e o relacionados coa meteoroloxía conseguen, cada un deles ao redor do 9%. Tal e como se adiantou, séguese concedendo pouca importancia á cultura (un 9% do tempo dos telexornais, cando en 2002 a súa presenza era do 11%), se ben moito maior que a atención, xa reducida ao simplemente testemuñal, que merecen sanidade e saúde (2,1% do tempo), medio ambiente (2%), consumo e vida cotiá (1,1%) e ciencia, cun mísero 0,6%. E se falamos de noticias de marcado carácter social, como as relacionadas coa infancia, a marxinación, a solidariedade, a relixión ou a terceira idade, destínase a elas, de media, só un 6% do tempo.

Por outra parte, o interior dos telexornais converteuse definitivamente nun soporte publicitario máis: a maioría das cadeas interrompe os noticiarios para daren paso a anuncios ou cederen espazo a patrocinadores. En TVE 1 a publicidade ocupa nada menos que un 14% do total do telexornal, en Tele 5 un 12% e en Antena 3 un 11%, se ben en cadeas nacionais como Cuatro e La 2 de TVE ou autonómicas como IB3, de Baleares, os anuncios apenas supoñen o 1% do tempo de emisión dos noticiarios. Considerouse a información meteorolóxica como parte do telexornal, aínda que nalgúns casos constitúa un programa específico.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto