Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Talasoterapia: Saúde e beleza con sabor a mar

Os centros de talasoterapia deben utilizar auga mariña nos seus tratamentos, aínda que debido ao baleiro legal do sector hai algunhas instalacións nas que non se cumpre esa premisa

Baleiro legal

Francia é na actualidade o único país europeo que dispón dun organismos oficial para regular a Talasoterapia. A Federación Internacional "Mer et Santé", xunto coa certificación de calidade "Qualicert", garante a calidade das curas termais e as premisas fundamentais para definir unha institución como centro de talasoterapia. entre os requisitos establécese que os centros de talasoterapia deben estar situados nun lugar de clima mariño, utilizar auga de mar e dispoñen de infraestrutura e equipamento axeitados para aproveitaren os beneficios do mar na saúde das persoas, amais de contaren cun staff profesional con supervisión médica.

No noso país, só dúas comunidades autónomas, Galicia e Murcia, dispoñen de lexislación específica en materia de talasoterapia.

Na Comunidade galega, a Lei 9/1997, de 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia aplícase ás empresas que prestan servizos de balneario, medicina preventiva e rexenerativa e de rehabilitación e fai referencia expresa aos centros de talasoterapia que dispoñen de instalacións complementarias turísticas. A norma fixa que a calidade dos servizos e a capacitación e posta ao día do persoal serán obxecto de especial atención por parte da Administración turística galega.

Outra lei galega, a 5/1995, de 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, aplícase tamén ás augas mineiro-industriais, que son as que permiten o aproveitamento racional das substancias que conteñen e nas que aparece tamén a auga de mar. A súa catalogación e recoñecemento corresponden á Consellería de Industria.

Polo que respecta a Murcia, os centros de talasoterapia están regulados polo Decreto 55/1997, de 11 de xullo, sobre condicións sanitarias de balnearios, baños termais e establecementos de talasoterapia e aplicación de peloides (fangos).

Prezo para todos os petos

Gozar durante cerca dunha hora dun Circuíto Mariño nunha piscina de auga de mar a 33º C, con hidrojet, burbullas, pescozos de cisne, jacuzzi, natación contra corrente, pediluvio, terma romana e zona relax costa entre 12 e 15 euros. Se o circuíto inclúe un baño de vapor (Hamman) con esencias, o prezo elévase a 27 euros, e acada os 72 euros por sesión se se suma o uso de Termas a diferentes temperaturas (Caldarium + Tepidarium + Frigidarium) e un baño nunha bañeira de auga mariña con esencias.

A preferencia por outros tratamentos como algoterapia, envoltura en barros mariños, ducha escocesa ou unha sesión de presoterapia supón un desembolso de entre 20 e 58 euros. Algúns centros dispoñen de bonos de 10 a 100 sesións, que permiten un aforro entre 3 e 9 euros por sesión. Tamén se dá a posibilidade de facerse socio do centro de talasoterapia, coa vantaxe do uso ilimitado desde 60 euros mensuais.

A maioría destes centros atópanse situados en establecementos hoteleiros afastados das grandes cidades, polo que ofrecen programas completos de saúde e beleza que inclúen o aloxamento durante o tempo que dure o tratamento elixido. Así, un programa antiestrés con 3 noites de estancia costa entre 270 e 350 euros. Se o que se quere é loitar contra a celulite, o gasto por un tratamento de sete días coas súas correspondentes noites de hotel pode ascenden ata os 800 euros, aproximadamente o que custa nestas instalacións deixar de fumar, ou polo menos intentalo, nunha "cura" de seis días con aloxamento incluído.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto