Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Talasoterapia: Saúde e beleza con sabor a mar

Os centros de talasoterapia deben utilizar auga mariña nos seus tratamentos, aínda que debido ao baleiro legal do sector hai algunhas instalacións nas que non se cumpre esa premisa

A clave está na auga

A falta de normativas e regulamentos españois que regulen o sector e que impidan a competencia desleal e os abusos aos usuarios, unida ao descoñecemento destes últimos ao respecto, motivou que a miúdo se confundan os termos. O primeiro que debe coñecerse é a diferencia entre a talasoterapia, a balneoterapia ou termalismo e os centros de SPA. A clave está no tipo de auga que utilizan nas súas terapias: mariña nos centros de talasoterapia, termal (mineiro-medicinal) nos balnearios e auga corrente (da billa, pero tratada con aditivos) nos SPAS. Para que non nos dean gato por lebre, isto é, auga da billa á que se engadiu sal mariño, cómpre asegurarse de que no centro de talasoterapia conflúan tres factores: auga salina do mar, aire mariño e clima de vertente marítima. E para asegurar estas condicións, o centro debe estar cerca do mar, ter unha achega continua de auga mariña e seguir unha medidas hixiénicas de purificación e tratamento da auga que non alteren as súas propiedades.

Un mar de beneficios

A materia prima da talasoterapia, a auga de mar, contén ao redor de 35 gramos de sal por litro. Desa cantidade, o 75% é cloruro sódico e o 25% restante está composto por cloruro e sulfato de magnesio e sulfatos de sodio e calcio. pero os seus demostrados beneficios sobre a pel e o organismo débense ao osíxeno, nitróxeno, iodo, flúor, cobre, ferro, cinc e outros elementos ata 75, considerados necesarios para o bo funcionamento do metabolismo humano. Algunhas destas substancias de orixe mariña teñen, así mesmo, propiedades biolóxicas moi beneficiosas por seren antitumorais, antibacterianas e antivirais. 

Ademais, a composición da auga de mar é similar á do plasma sanguíneo, o que a converte nunha gran medicina para mineralizar o organismo. É un elemento vivo cun gran contido en plancto e algas microscópicas que lle confiren propiedades antibióticas e estimulantes, con efectos terapéuticos sobre a pel e as articulacións.

Para aproveitar toda a súa riqueza biolóxica, nos centros de talasoterapia sométese a auga mariña a un proceso específico de depuración e esterilización. A auga que se utiliza nestes centros recóllese a máis de mil metros da beira e é depurada con raios ultravioleta para garantir un perfecto mantemento e a total ausencia de xermes.

Minerais coma o iodo, o potasio, o cinc ou o sodio, presentes no mar, penetran no corpo humano a través da pel, nun proceso denominado de osmose, que ten lugar cando o organismo entra en contacto coa auga salgada e se dan uns niveis térmicos axeitados, entre 35 e 37 graos. O corpo absorbe estas substancias e xera a súa renovación no propio organismo. A presión hidrostática da auga provoca ademais unha compresión sobre as zonas somerxidas do corpo, o que favorece o retorno do sangue venoso ao corazón e a activación da circulación sanguínea.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto