Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Talasoterapia: Saúde e beleza con sabor a mar

Os centros de talasoterapia deben utilizar auga mariña nos seus tratamentos, aínda que debido ao baleiro legal do sector hai algunhas instalacións nas que non se cumpre esa premisa

Os efectos dos baños de mar coñécense desde hai miles de anos. Encontráronse referencias do poder do clima e os lodos do Delta do Nilo en papiros exipcios, e o pai da medicina, Hipócrates, xa dicía que o mar era quen de curar enfermidades e receitaba inmersións e lavados en auga salgada para tratar doenzas comúns. As súas ensinanzas perdéronse na escura e pouco hixiénica Idade Media e non se recuperaron ata o século pasado, no que as praias se encheron de bañistas.

Na actualidade non fai falla esperar ao verán para gozar das propiedades curativas da auga de mar. Os centros de talasoterapia (do grego thalasa, mar, e therapia, tratamento ou cura) ofrecen durante todo o ano e a cuberto tratamentos que combinan as tradicionais propiedades terapéuticas do mar coas máis modernas tecnoloxías e coñecementos aplicados a conceptos coma a temperatura, a carga irónica, a presión ou a presenza de minerais nas súas augas. Nestas curas mariñas a auga aprovéitase como fonte termal, recolléndose a diferentes profundidades para asegurar a súa pureza, e aplícase a temperaturas que oscilan entre os 10oC e os 40 oC, dependendo do obxectivo do tratamento. En moitos casos compleméntanse con presión, burbullas ou ultrasons.  

Segundo un informe da empresa Análisis Sectorial y Estratégico (DBK), a finais de 2002, os 22 centros de talasoterapia localizados en España ofrecían 8.979 prazas hoteleiras e os centros de saúde e beleza, con 24 establecementos, dispuñan dun total de 6.892 prazas. A eclosión no noso país destes establecementos produciuse na década dos 90. Daquela, o 80% dos clientes acudía a estes centros con doenzas crónicas e un obxectivo terapéutico. Na actualidade, a maioría dos que practican turismo de saúde faino para combater a presión, recuperar vitalidade, mellorar o aspecto físico e previr posibles enfermidades. O perfil destes novos usuarios tamén cambiou na última década e ampliouse moito o abano de idades, desde mozos a vellos.

A falta dunha lei nacional ou europea que regule o uso das terapias mariñas, a Federación Internacional Mer et Santé (mar e saúde) define así a talasoterapia: "Consiste na utilización simultánea, baixo supervisión médica e cun obxectivo preventivo ou curativo, dos beneficios do medio mariño, que comprenden o clima mariño, a auga de mar, os barros mariños, as algas e outras substancias extraídas do mar". Convén ter presente, con todo, que os efectos beneficiosos dos tratamentos de talasoterapia non comezan a ser notables ata pasados ao redor de sete días de tratamento, e que non se deben unicamente aos tratamentos hidroterapéuticos que se dispensan nestes centros, senón a unha acción sinérxica co cambio de hábitos, a correcta alimentación, a estancia ao aire libre, a realización de exercicio e a liberación temporal das preocupacións cotiás que se produce cando acudimos a un destes centros.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto