Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha pasaxeira sufriu golpes e lesións cando o avión no que viaxaba entrou nunha zona de turbulencias. Demandou a compañía aérea e a súa aseguradora por coidar que houbo falta de dilixencia, en parte por permitir o voo malia o mal tempo. O Tribunal Supremo, en sentencia do 22 de setembro do 2005, lembrou que a Lei de navegación aérea obriga a indemnizar ós pasaxeiros que sufran danos. Procede en calquera suposto, mesmo no de accidente fortuíto e aínda cando o transportista, o operador ou os seus empregados xustifiquen que obraron coa debida dilixencia. Pero o importe destas indemnizacións está limitado por lei. Para indemnizar por riba dos límites legais é preciso que concorra dolo, culpa ou neglixencia do transportista, algo que non se observou neste caso. Ademais, a pasaxeira non levaba abrochado o cinto de seguridade, aínda que fora avisada. Estes avisos puñan de manifesto un cumprimento correcto da obriga de protexer o pasaxeiro ante os riscos evitables que se deriven do voo, polo que condenou a compañía a indemnizar pola produción do dano, pero dentro dos límites legais e non por riba, como solicitaba a pasaxeira.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI