Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Rexeita o lavalouzas adquirido porque non cabe no espazo previsto

Mercamos o lavalouzas nun comercio. Pagamos cunha tarxeta de crédito e na tenda quedaron en instalalo días despois. Antes de que o fixeran anulamos o pedido, porque o electrodoméstico non nos cabía no oco. Negáronse a devolvernos os cartos e ofrécennos un tícket de compra de 569 euros que podemos gastar no que queiramos no seu establecemento. Argumentan que é a lei. É certo?

 O consumidor non ten dereito a esixir a devolución do importe da compra, a non ser que a tenda acceda ou que llo ofreza ó público por medios publicitarios ou no tícket de compra. Isto significa que o establecemento, ó se negar a devolver os cartos, está actuando conforme ós dereitos que lle ofrece a lei e o contrato de compra. Tampouco obriga a lei a entregar un vale para que adquira outros produtos do seu establecemento. A entrega de vales entra dentro do que se coñece como 'técnicas de promoción de vendas' e o seu uso é voluntario, aínda que se trate dun incentivo bastante xeneralizado para darlles resposta ós clientes que queiran devolver artigos.

Esta é a regra xeral nos contratos de compra, se ben hai excepcións. Unha destas excepcións consiste nas ofertas ou garantías que publicitan algúns establecementos de devolver os cartos, ou de entregar un vale, se o cliente non queda satisfeito. Outra excepción é que exista unha causa xustificada para resolver o contrato. Estas causas regúlanse na Lei de garantías de bens mobles. O consumidor poderá resolver o contrato cando o ben adquirido non sexa conforme co contrato, o que sucede cando as súas prestacións ou características son diferentes ás ofertadas no contrato ou cando presenta defectos que non son reparables sen maiores inconvenientes. Ningunha destas causas xustifica no caso presentado a resolución do contrato, porque as medidas do lavalouzas serían as que constaban na información e publicidade e o produto era conforme á oferta e ó contrato, verbal ou escrito, de compra. Tampouco busca resolver o contrato porque o produto sexa defectuoso (non o recibiu nin probou) e o feito de que as medidas do lavalouzas non se axusten á súa cociña non é un defecto imputable ó vendedor. O noso consello é que o afectado acepte o vale, pedindo que non estea limitado a un prazo de validez ou a outras restricións.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto