Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Miscelánea

Λ

O novo carné de conducir: Un exame diario con 12 puntos

O sistema pretende concienciar e controlar os condutores con maior rigor para diminuír a sinistralidade

 Desde o 1 de xullo, a condución será cuestión de puntos. Así o dita a nova Lei de tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria que regula o carné de conducir. Do sistema vitalicio de posesión do carné (salvo retirada xudicial) pásase a unha licenza condicionada polo comportamento do condutor. Esta medida, aplicada noutros países como Francia, pretende reducir o número de mortes na estrada e servirá para concienciar dos riscos e das responsabilidades da condución.

Partirase dun permiso con 12 puntos, salvo os noveles (con menos de 3 anos de antigüidade), que o farán con 8. Este último tamén é o que se lle vai outorgar ós condutores que recuperen o seu carné despois de o perderen por esgotaren os puntos iniciais. Os condutores perderán puntos cada vez que sexan sancionados en firme por cometeren infraccións graves ou moi graves. Este sistema reprimirá con severidade as condutas incorrectas e reiteradas para fomentar nos condutores un maior grao de responsabilidade e autocontrol.

Como se perden os puntos?

6 puntos menos por...

  • Conducir cunha taxa de alcohol superior ós 0,5 miligramos por litro de aire expirado (0,3 mg/l no caso de profesionais e titulares de permisos de condución con menos de dous anos de antigüidade).
  • Conducir baixo os efectos de estupefacientes e outras substancias de efectos análogos.
  • Incumprir a obriga de se someter ás probas de detección do grao de alcoholemia, de estupefacientes e doutras substancias de efectos análogos.
  • Conducir de xeito temerario, circular en sentido contrario ó establecido ou conducir vehículos en competicións e carreiras non autorizadas.
  • Exceder en máis dun 50% a velocidade máxima autorizada, sempre que iso supoña superar polo menos en 30 quilómetros por hora este límite máximo. Por exemplo, se se cruza unha localidade a 100 quilómetros por hora cando a velocidade máxima é 50 quilómetros por hora, estarase superando nese 50% e, ademais, supérase en máis de 30 km/h o límite máximo.
  • O exceso en máis dun 50% nos tempos de condución ou a minoración en máis do 50% nos tempos de descanso establecidos na lexislación sobre transporte terrestre.

4 puntos menos por...

  • Conducir cunha taxa de alcohol superior a 0,25 miligramos por litro de aire expirado (0,15 mg/l no caso de profesionais e titulares de permisos de condución con menos de dous anos de antigüidade).
  • Circular por autoestradas ou autovías con vehículos cos que estea prohibido facelo (ciclomotores, bicicletas, vehículos de tracción animal, tractores e outros vehículos especiais que non superen os 60 quilómetros por hora).
  • Conducir un vehículo cunha ocupación que supoña aumentar nun 50% ou máis o número de prazas autorizadas, excluído o condutor.
  • Circular en posición paralela con vehículos cos que estea expresamente prohibido pola lei.
  • Conducir un vehículo cun permiso ou licenza que non o habilita para facelo.
  • Guindar á vía ou preto dela obxectos que poidan producir incendios ou accidentes de circulación.
  • Conducir de xeito neglixente, creando un risco certo e relevante para os outros usuarios da vía.
  • Exceder os límites de velocidade establecidos en máis de 40 quilómetros por hora.
  • Incumprir as disposicións establecidas na lei sobre prioridade de paso (ceda o paso, stop e calzada de prioridade).  
  • Incumprir a obriga de deterse imposta polo sinal de stop.
  • Incumprir as normas xerais de adiantamento pondo en perigo ou entorpecendo a quen circula en sentido contrario.
  • Adiantar pondo en perigo ou entorpecendo os ciclistas que circulen en sentido contrario.
  • Dar marcha atrás en autoestradas e autovías.
  • Aumentar a velocidade ou efectuar manobras que impidan ou dificulten o adiantamento polo condutor do vehículo que vai ser adiantado.
  • Adiantar nas curvas ou cambios de rasante de visibilidade reducida ou en circunstancias en que haxa visibilidade abonda, invadindo a zona reservada ó sentido contrario.
  • Non respectar os sinais dos axentes que regulan a circulación.
  • Non respectar a luz vermella dun semáforo.

3 puntos menos por...

  • Exceder entre 30 e 40 quilómetros por hora os límites de velocidade establecidos.
  • Efectuar un cambio de sentido incumprindo as disposicións recollidas na lei.
  • Non manter a distancia de seguridade.
  • Conducir utilizando manualmente o teléfono móbil, cascos, auriculares ou calquera outro dispositivo incompatible coa obrigatoria atención permanente á condución.

2 puntos menos por...

  • Exceder entre 20 e 30 quilómetros por hora os límites de velocidade establecidos.
  • Parar ou estacionar nas curvas, cambios de rasante, túneles, pasos inferiores, interseccións ou calquera outro lugar perigoso que constitúa un risco para a circulación ou para os peóns.
  • Parar ou estacionar nos carrís destinados ó transporte público urbano.
  • Conducir vehículos que teñan instalados mecanismos ou sistemas encamiñados a eludir a vixilancia dos axentes de tráfico, que leven instrumentos que sirvan á mesma intención e mais a utilización de mecanismos de detección de radares.
  • Circular sen iluminación cando sexa obrigatorio ou utilizala sen axustarse ó establecido regulamentariamente.
  • Conducir sen utilizar o cinto de seguridade, o casco e outros elementos de protección ou dispositivos de seguridade.
  • Circular con menores de 12 anos como pasaxeiros de motocicletas ou ciclomotores coas excepcións que determine o Regulamento.

Como se recuperan os puntos perdidos?

Haberá dous tipos de cursos en función da sanción dos condutores. Se se quere recuperar puntos, o curso de sensibilización e reeducación viaria será de 12 horas e permitirá lograr ata 4 puntos, cun prezo de 170 euros. Se o que se pretende é recuperar o permiso de conducir retirado por perder todos os puntos, o condutor deberá realizar un curso de 24 horas de duración (14 horas de formación, 2 de reflexión e 8 de educación viaria), cun prezo de 320 euros, sen incluír as taxas de exame que o alumno lle deberá aboar á Xefatura Provincial que corresponda, co que o desembolso pode chegar a superar os 700 euros.

Ademais, recuperaranse os 12 puntos de xeito automático, se non se perderon todos, cando nun prazo de dous anos non se cometan infraccións. Se a perda de puntos se produciu por unha infracción moi grave, o prazo amplíase a tres anos. Se se perderon todos os puntos, e, xa que logo, o carné, de ser a primeira vez, o condutor ten que agardar 6 meses para comezar o procedemento de recuperación. A segunda ou vindeiras ocasións en que o perda non o poderá recuperar antes de 12 meses.


Relacións deste contido

Descargar esta información en PDF

PDF: Fai clic aquí para Descargar esta información en PDF (111 Kb)

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto