Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Chamadas telefónicas por Internet: Chamadas a prezo de e-mail

O uso dun programa informático para chamar a través de Internet pode abaratar moito a factura telefónica, especialmente nas de longa distancia

Desde os comezos de Internet imaxínase a posibilidade de utilizar a Rede para falar coa outra parte do mundo ó mesmo prezo que se paga por enviar un correo electrónico (é dicir, o mesmo custo da conexión). Que impediu que a voz viaxe por Internet de maneira tan barata coma a palabra escrita? A voz sobre IP ou VoIP permite desde hai xa moitos anos falar de ordenador a ordenador con outra persoa a través de Internet, pero só desde hai pouco tempo, grazas á xeneralización das conexións de banda ancha e da mellora nos programas que facilitan este tipo de comunicacións, o sistema resulta cómodo, eficaz e fluído.

Como funciona?

O proceso baséase na capacidade de Internet para transportar datos (xa sexan de texto, de voz ou de imaxe) dun ordenador a outro. A Rede recolle os datos do emisor, neste caso a voz, e almacénaa en paquetes que transporta deica o receptor. A diferenza dunha comunicación telefónica tradicional, neste caso non se transporta nun 'fío de voz' continuado, senón que este se desmonta en fragmentos que se volven montar cando chega ó seu destino. Que o proceso de dividir en paquetes unha noticia escrita e de volvela montar se demore un segundo é irrelevante, pero si que condiciona a transmisión de datos de voz.

Ó comezo, o establecemento dunha chamada a través do ordenador era un proceso complicado, só ó alcance de usuarios con tecnoloxía moi avanzada, e pouco efectivo, debido a que a Rede non está preparada para transmitir datos en tempo real. Por iso, a voz chegaba cun desfase duns segundos que eternizaba a conversa. Así e todo, tanto a mellora na tecnoloxía de compresión de son coma a xeneralización da conexión por banda ancha (ADSL e cable principalmente) permiten que na actualidade se poida falar sen problemas con outro usuario conectado en calquera lugar do mundo. 

Que se precisa?

O mínimo imprescindible para que alguén poida falar por Internet é un ordenador con tarxeta de son (a maioría), un micrófono independente (dos que se poden mercar por menos de seis euros), uns altofalantes ou uns cascos e unha conexión a Internet por banda ancha. Os altofalantes internos adoitan ofrecer un son moi pobre, polo que non está de máis adquirir uns externos que melloran o son (hainos desde os 20 euros). Se se desexa intimidade na conversa, pódense atopar auriculares con micrófono incorporado cun prezo que oscila entre dous euros e máis de 200 euros. As melloras nos algoritmos de compresión tamén lles permiten ós usuarios de conexións máis lentas (as de módem) facer chamadas por Internet, aínda que a calidade final se resente.

Que vantaxes ten?

Sen dúbida, a principal vantaxe deste sistema é que a chamada, se é de ordenador a ordenador, sae gratis. Non importa o lonxe que estea o receptor nin o longa que sexa a conversa: o único custo de chamada é o da conexión a Internet. O sistema é semellante a un 'messenger': unha pequena ventá amosa os contactos conectados. Só cómpre facer dobre clic sobre o seu nome cando aparezan conectados. Polo tanto, convén facer unha listaxe de amigos e familiares que teñen conexión á Rede e convencelos para que se instalen un programa para chamar por VoIP.

Pero os novos programas tamén permiten chamar a teléfonos convencionais (fixos e móbiles) desde o ordenador, aínda que neste caso si hai algún custo por minuto. Se se adoita chamar por teléfono a longa distancia a miúdo, o uso do ordenador para chamar pode rebaixar notablemente a factura telefónica. Existen programas, como o Skype, que permiten conectar desde o ordenador coa maioría dos teléfonos convencionais do estranxeiro por 0,017 euros o minuto. Se a mesma chamada se efectúa con Telefónica (amais de pagar a cota mensual, que anda sobre os 15 euros), custa 0,119 euros o establecemento de chamada, mentres que a tarifa por minuto varía entre os 0,12 euros (se se chama a Alemaña) e os 0,55 euros (se se chama a China). No ámbito nacional, os prezos non son tan vantaxosos: chamar por Skype dentro de España a un teléfono normal custa tamén 0,017 euros o minuto. E o prezo ós móbiles dispárase e non é rendible.

Contrapartidas

Dúas contrapartidas ensombrecen o sistema. A primeira é que se non se dispón de ordenador e conexión a banda ancha é imposible falar por Voz sobre IP. E o gasto inicial é demasiado elevado como para que compense todo o equipo só pola mellora económica que representa chamar a través de Internet. Ademais, unha conexión por Voz IP require dun programa determinado que posibilite a chamada e mais a recepción da voz. Isto supón que, no caso de que se queira falar de ordenador a ordenador, o receptor e o emisor deben estar conectados de maneira simultánea e utilizar o mesmo programa.

Programas e tipos de conexións

Os programas que xestionan conexións de voz por Internet coñécense como 'Softphones' e a súa función é establecer un protocolo informático polo que dous ordenadores se poden comunicar. O programa máis popular para falar por Internet (con máis de 230 millóns de usuarios) e o primeiro en popularizar este sistema chámase Skype. É doado e rápido de instalar e o seu deseño é moi claro, de xeito que o usuario sabe desde o primeiro momento como facer para chamar a outra persoa. Tamén os programas de mensaxería instantánea, como Microsoft Messenger, Google Talk ou Yahoo! Messenger incorporaron a posibilidade de falar por Internet e en todos eles o proceso é sinxelo, se ben non admiten aínda a opción de conectar con teléfonos convencionais como fai Skype.

A VoIP non só se aplica ás conexións entre ordenadores, senón que ten máis posibilidades. Nalgúns locutorios utilízase o sistema VoIP. Deste xeito, moitas persoas poden chamar ó estranxeiro por un prezo sensiblemente inferior ó prezo dunha chamada por un teléfono convencional.

Numerosos programas posibilitan a conversa por Internet, pero aínda non é posible establecer chamadas cruzadas entre uns e outros, polo que, dependendo da persoa á que se desexe chamar, haberá que cambiar de programa. O resultado final é que, para poder recibir chamadas doutros usuarios, en moitas ocasións hai que ter aceso máis dun programa á vez, coa conseguinte incomodidade e carga de procesos no equipo.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto