Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Máis có xuro, ó contratar un préstamo ou un fondo de aforro hai que comparar o TAE e mais a letra pequena
Sabe que é o TAE dun préstamo? Convenlle ter algunha noción sobre o que é se pensa solicitar un crédito ou se se dispón a contratar un fondo de investimento, pois será o dato que lle proporcionarán nas entidades financeiras para que compare entre unhas ofertas e outras. Simplificando moito, pode acontecer que un préstamo hipotecario a un 2,5% de xuro nominal sexa en realidade máis caro ca outro cun xuro do 3%, se as comisións do primeiro son máis elevadas cás do segundo. Mediante o TAE, o tipo de xuro efectivo que mide a rendibilidade de produtos de aforro ou préstamos, simplifícase a comparación e obtense unha información máis completa. En teoría, o TAE (Taxa Anual Equivalente ou Taxa Anual Efectiva) é o indicador máis obxectivo para analizar as diferenzas monetarias que hai entre produtos bancarios, porque engloba a maioría dos conceptos (comisión de apertura, de cancelación...) que se inclúen neste tipo de produtos.
A inclusión deste dato nos folletos ou campañas publicitarias das entidades financeiras é obrigatoria: desde 1990 o Banco de España esíxelles ás entidades financeiras que informen deste índice, regulado mediante a norma 8/1990 sobre "Transparencia das operacións e protección da clientela", na publicidade dos seus produtos. Ata nos produtos de aforro, bancos e caixas están obrigados a indicar un exemplo representativo do xuro que se pode obter co produto anunciado. Pero hai que ser coidadoso ata para comparar o TAE de préstamos ou depósitos.
O TAE é unha porcentaxe que se calcula cunha fórmula matemática disposta segundo a normativa do Banco de España. Esta fórmula inclúe o tipo de xuro ou xuro nominal (a porcentaxe de cartos que se dá cando se executa o pagamento de xuros), a comisión de apertura, de estudo, de cancelación (parcial e total) e o número de anos da hipoteca ou de investimento, segundo o produto elixido. O propio Banco de España é o encargado de publicar unha listaxe co TAE medio dos préstamos: a finais de decembro do 2005, situábase no 2,46% nos créditos hipotecarios e no 8,34% nos préstamos ó consumo.
Segundo establece o Banco de España, o TAE dun crédito hipotecario só inclúe os gastos que o cliente lle aboa á entidade financeira, non o resto de conceptos que incrementan notoriamente o custo real do crédito. Así, quedan fóra gastos importantes como:
No tocante ós fondos de investimento, cómpre ler a letra pequena e estudar a parte na que se explica se o depósito é renovable ou non. Se o é, o importe correspondente ós xuros reinvístense no mesmo depósito. Pero se non é renovable -e isto é o máis habitual-, os xuros deposítanse nunha conta cun TAE xeralmente inferior ó do produto contratado. Ademais, é obrigatorio facer constar esas ganancias na declaración da renda, concretamente no capítulo por capital mobiliario, polo que as ganancias que realmente obterá o consumidor por ese produto serán menores có asegurado na súa publicidade.
Dada a necesidade de recorrer a préstamos hipotecarios ou persoais, o cidadán medio deberase enfrontar ó TAE. Para facilitar a comparación, convén ter en conta estas recomendacións:
A entidade A ofrece unha hipoteca a un xuro fixo nominal do 5,77% e o 5,80 TAE e a entidade B outra cun 5,6% de xuro nominal e un 6,14% TAE. A diferenza no tipo de xuro TAE débese a que a entidade A ofrece o préstamo hipotecario sen comisións (nin por apertura, nin estudo nin cancelación), mentres que a hipoteca da entidade B ten unha comisión de apertura do 1% e de cancelación total do 2%. Malia que o xuro nominal do primeiro é maior e, xa que logo, se podería pensar que os xuros que se van pagar son maiores, o TAE é máis baixo. Quen contrate o préstamo da entidade A será quen pague menos. Nunha hipoteca de 120.000 euros a 15 anos, o cliente da entidade A pagaría unha cota de 999,71 euros ó mes, mentres que coa entidade B aboaría 1.021,73 euros ó mes. En 15 anos, a diferenza será de 3.963 euros.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI