Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Seguros de deceso: Soporte económico nos peores momentos

Máis da metade da poboación española é beneficiaria dunha póliza de decesos

Unha das peculiaridades do mercado de seguros español é a contratación masiva dun tipo de póliza, a de deceso, en maior medida ca en calquera país de Europa. Os datos de UNESPA, a patronal do sector, son concluíntes: en España había no 2004 algo máis de sete millóns de seguros de decesos, aínda que ó se tratar dunha póliza de carácter familiar que normalmente inclúe a varios asegurados, o volume de beneficiarios de decesos en España anda arredor dos 26 millóns de persoas. Utilizados para asegurar a cobertura de gastos funerarios e de enterro, estes seguros son cada día máis populares e no 2004 o seu volume de contratación aumentou un 9% con respecto ó exercicio anterior. A patronal interpreta este incremento como consecuencia do ascenso da emigración. Estas persoas subscríbeno, segundo UNESPA, por incluír as custas de repatriación, xa que, en moitos casos, as familias non poderían sufragar o alto custo da volta do féretro á súa terra natal.

 Precisamente, o elevado prezo dos gastos funerarios, que poden acadar os 2.000 euros ou mesmo máis, segundo datos facilitados a CONSUMER EROSKI por empresas do sector, e as molestias inherentes ós trámites que se deben realizar tras a morte dun familiar son as principais razóns para contratar unha póliza de deceso. O obxecto é que a cobertura do seu seguro sexa abonda para facerlles fronte ás custas do seu funeral e do enterro, as flores, os desprazamentos, as necrolóxicas e mesmo a volta á casa se a morte se produce no estranxeiro ou a asistencia xurídica á familia.

Por termo medio, cada asegurado debe pagar uns 3 euros ó mes para manter a súa póliza de decesos, se ben esta cantidade depende de diversos factores, como os servizos que se solicitan, a poboación de residencia ou a idade dos beneficiarios. Os enterros e cremacións supoñen para cada familia un importante desembolso que estas pólizas pretenden evitar. Este tipo de seguro pode ser individual ou familiar, aínda que o máis común son as pólizas familiares. Aínda que están estendidos entre a maior parte da poboación, estes seguros teñen maior implantación no rural e nas proximidades das cidades.

Ámbito de actuación

Malia que o seguro de decesos pode ter un carácter indemnizador, é dicir, a compañía entrégalle ó beneficiario unha cantidade de cartos para que con ela sosteña os gastos derivados do funeral e do enterramento, a oferta da maioría baséase na prestación de servizos. Desde o momento do falecemento, a aseguradora encárgase dunha serie de xestións burocráticas e doutros labores que solucionan todos os problemas que se presentan coa defunción. Ademais, a loita por atraer a máis clientes levou a que moitas destas compañías inclúan no seu paquete básico, amais do servizo de enterro e traslados, o de xestoría e asistencia en viaxe, e mais a posibilidade de contratar garantías adicionais de Accidentes Individuais e Hospitalización por Intervención Cirúrxica e Indemnización por parto, co conseguinte aumento da prima.

Ocaso, pola súa banda, recolle nas súas garantías principais un servizo de orientación legal, teleasistencia domiciliaria e un seguro de accidentes complementarios, deixando á elección do asegurado a posibilidade de engadir na póliza un seguro de enfermidade -subsidio diario por internamento, traslado en ambulancia, indemnización por parto... -. Vitalicio Decesos ofrécelles ós seus asegurados en idade escolar, amais das garantías descritas, unha axuda pedagóxica en caso de enfermidade e/ou accidente que o inmobilice no seu domicilio durante máis de quince días consecutivos. Seguros Santa Lucía engade na súa póliza un seguro de accidentes, e Ceauto complementa a súa cun seguro de asistencia en viaxes.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto