Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Gravadores dixitais de televisión: Moi superiores ó VHS

Máis sinxelos e cómodos de usar, os gravadores dixitais de televisión están chamados a substituír os vídeos analóxicos VHS

Un a un, 8 gravadores dixitais de televisión

LG RH7800

 515,67 euros, o máis barato dos que teñen disco duro.
A mellor relación calidade-prezo dos que teñen disco duro. O único coa garantía correcta. Grava en +RW, -RW e discos de dobre capa. Le DivX, pero é dos de menos funcións: con gravación e reprodución simultáneas.
Proba de uso: 7,2 puntos de 10, o segundo mellor.

Sony RDR-HX710

 583,75 euros.
Con disco duro. Grava en +RW, -RW e discos de dobre capa. O que máis consome (53 W) e dos de máis funcións.
Proba de uso: 6,9 puntos de 10. O máis doado de configurar e o que conta co mando a distancia más sinxelo.

Pioneer DVR-530HS

 622,75 euros.
Con disco duro. Grava en -RW. Dos máis pequenos. O que máis horas de gravación permite no seu disco duro (ata 455 horas) e dos de máis funcións.
Con conector G-Link, para unilo a un receptor dixital de satélite, cable ou TDT.
Proba de uso: 6,6 puntos de 10. Destaca polas súas posibilidades de gravación e reprodución, pero falla polas súas pobres instrucións de uso.

Panasonic DMR-E95H

 812 euros, o máis caro.
Con disco duro. Grava en RAM, -R e discos de dobre capa. O máis grande.
O único con lector de tarxetas SD e PCMCIA. Con moitas funcións, pero sen guía electrónica de programación (EPG).
Proba de uso: 7 puntos de 10. O mellor en tamaño e facilidade de uso do mando a distancia.

Panasonic DMR-ES10

 254,50 euros.
A mellor relación calidade-prezo dos que só gravan en DVD. Grava en +R, -RW, RAM e discos de dobre capa. O que menos enerxía gasta (23 W).
Con moitas funcións, pero sen guía electrónica de programación e o de menos conectores.
Proba de uso: 7,3 puntos de 10, o mellor. A pantalla máis grande e clara.

Pioneer DVR-320S

 249 euros, o máis barato.
Grava en -RW. Dos de máis funcións.
Proba de uso: 6,5 puntos de 10. O peor en instrucións de uso e facilidade de configuración inicial.

Samsung DVD-R121

 257,75 euros a unidade.
Grava en -RW e RAM. O máis pequeno. Le DivX.
Proba de uso: 6,8 puntos de 10. A pantalla máis pequena.

JVC DR-M100SE

 294 euros, o máis caro dos que non teñen disco duro.
Grava en -RW e RAM e discos de dobre capa. Moi funcional, aínda que non dispón de guía electrónica de programación (EPG).
Proba de uso: 6,7 puntos de 10. Conectores de moi sinxelo acceso.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto