Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Gravadores dixitais de televisión: Moi superiores ó VHS

Máis sinxelos e cómodos de usar, os gravadores dixitais de televisión están chamados a substituír os vídeos analóxicos VHS

 O vídeo VHS é aínda hoxe o medio máis común para gravar os programas de televisión, sen necesidade de reducir a posibilidade de elección ó que emiten as cadeas no momento de sentar diante do televisor. Os substitutos destes vídeos analóxicos, os gravadores dixitais de televisión, no canto de voluminosas cintas VHS, almacenan o gravado en discos DVD ou no seu disco duro interno. Nestes vídeos dixitais a calidade de imaxe pode ser maior, son máis sinxelos de usar e de programar, acaban co fastío do rebobinado (o avance a un punto concreto da gravación é inmediato, moi cómodo para "saltar" os anuncios) e incorporan novas funcións, como a "pausa en directo", co que comezar a reprodución dun programa que aínda non se acabou de gravar.

Analizáronse no laboratorio oito gravadores de televisión dixitais que custan desde os 249 euros de Pioneer DVR-320S ata os 812 euros de Panasonic DVR-E95H. Os oito gravan o emitido por televisión en discos DVD, pero só a metade o fai tamén nun disco duro interno (nos catro casos de 160 gigabytes): os que contan con disco duro custan arredor do dobre. Amais de gravaren emisións de televisión poden "pasar a DVD" o contido dunha videocámara ou dunha cinta VHS. Facer unha copia dun DVD noutro é teoricamente posible, pero as máis dos discos mercados ou alugados veñen cifrados para evitar a súa duplicación.

A mellor relación calidade-prezo entre os que teñen disco duro é LG RH7800, o segundo mellor na proba de uso, grava e regrava indistintamente en DVD+R e DVD-R, acepta os discos de dobre capa (gardan case o dobre de datos) e le o formato DivX, tamén coñecido como MPEG4 (formato de vídeo comprimido que se utiliza nas películas intercambiadas por Internet). Entre os que non teñen disco duro, Panasonic DMR-ES10 destacou na proba de uso.

O tamaño destes equipos é semellante ó dun VHS. O consumo eléctrico dos que contan con disco duro é meirande: Sony, o máis voraz, chega ata os 53 W, fronte a Panasonic DMR-ES10 que só gasta 23 W.

Os formatos

Hai tres formatos de DVD gravables: DVD-R, DVD+R e DVD-RAM; os dous primeiros están actualmente en loita, mentres que o terceiro practicamente non se usa. Que apareza "RW" no canto de só "R" indica que admiten discos regravables (de máis dun uso). LG e Sony gravan e regravan no formato "+" e no "-". Panasonic DMR-ES10 regrava en "-", e grava en "+" e "RAM". Samsung e JVC regravan en "-" e gravan en "RAM". Os dous Pioneer só regravan en "-". O peor, con diferenza, é Panasonic DMR-E95H que unicamente grava en "-", polo que cómpre dispor dun DVD virxe para cada gravación, co gasto que iso implica. Tanto o formato "+" coma o "-" poden ser de dobre capa, no que cabe case o dobre de datos. Os dous Pioneer e Samsung non admiten a gravación en discos de dobre capa (si a súa reprodución), polo que as dúas horas e media que ofrecen con calidade normal por DVD queda un chisco escasa para gravar unha película emitida por televisión con anuncios.

Os formatos de gravación non teñen nada que ver coa duración das gravacións. Nun DVD caben 4,7 gigabytes (Gb) se é dunha capa (ata os máis comúns) e 8,5 Gb se é de dobre capa. A gravación dixital permite axustar a calidade ó espazo dispoñible. Xa que logo, é posible sacrificar calidade de imaxe a prol de máis minutos de gravación. Un videogravador precisa dous 'gigas' por hora en calidade óptima, e por iso nun disco DVD dunha capa cabe algo menos de dúas horas e media de vídeo, mentres que nun disco duro de 160 Gb (como os aquí analizados) entran 80 horas.

Pero, ata que punto pode cada vídeo dixital diminuír a calidade de gravación para aumentar os minutos de gravación? En Pioneer chegan a entrar 13 horas por DVD e, no resto, entre 6 e 8 horas (de se utilizaren discos dunha capa). A maioría dos que tamén gravan no seu disco duro interno móvense entre as 30 horas en calidade excelsa e as 285 horas en calidade mínima, e Pioneer é de novo a de maior rango (de 23 horas a 455 horas). Amais dos consabidos DVD, Samsung e LG reproducen arquivos de vídeo en DivX.

Os oito videogravadores len CD convencionais, arquivos de audio en MP?(LG e ambos os dous modelos de Pioneer tamén admiten o WMA) e fotografías en JPEG (os de Panasonic tamén len os TIFF). Panasonic DMR-E95H incorpora un útil lector de tarxetas SD e PCMCIA, que serve, por exemplo, para ver as fotos da cámara dixital.

As funciones

Ningunha gravadora de DVD ten sintonizador de televisión dixital terrestre (TDT), só inclúen o analóxico. Pioneer e Sony son os equipos con máis funcións, con gravación e reprodución simultáneas (pódese ver calquera emisión almacenada mentres se grava outra, función útil cando estamos vendo un programa na televisión e precisamos ausentarnos uns minutos, porque permite "conxelar" a imaxe -comezar a gravar- e retomala cando se desexe, sen ter que agardar a que remate a gravación, o que se coñece como "reprodución de persecución"), ShowView (entende os códigos que publican algunhas revistas ou páxinas web para gravar un evento sen indicarlle a cadea, hora de comezo ou de remate), gravación flexible (adapta a calidade do gravado ó espazo remanente no disco), gravación sincronizada desde un equipo externo (grava o programado desde un receptor de cable ou satélite). Mención á parte merece a guía electrónica de programación ou EPG. As cadeas dixitais (como as que emiten por TDT e moitos provedores de cable e satélite) anexan á emisión a súa grella de programación, o que simplifica a programación do equipo. JVC e os Panasonic incorporan todo o devandito, salvo a moi útil EPG. O máis parco en funcións é LG, aínda que conta coa máis importante: reprodución e gravación simultánea.

As oito gravadoras pódense conectar a un televisor (por euroconector ou cable de antena), a un 'home-cinema' (saídas de audio e vídeo analóxico e dixital), a un decodificador (euroconector de entrada) ou a un vídeo VHS e a unha videocámara (analóxica ou dixital).

A proba de uso

 Seis usuarios probaron estes aparellos e valoraron distintos aspectos do 1 ó 10. Panasonic DMR-E95H demostrou contar co deseño de equipo que menos gustou (5 puntos) e JVC, pola sinxeleza de acceso dos seus conectores (8 puntos). As instrucións de uso máis completas e doadas de entender foron as de Panasonic DMR-ES10 (7,3 puntos sobre 10) mentres que as de Pioneer DVR-530HS non chegaron sequera ó aprobado (4,7 puntos).

A pantalla de Samsung suspende polo seu pequeno tamaño, xusto ó contrario cás dos dous Panasonic, as máis amplas e de pictogramas máis claros. O mando a distancia que máis gustou foi o de Panasonic DMR-E95H (8 puntos). O de Sony foi ben valorado pola súa facilidade de uso, pero, ó igual có mando de LG, estivo a piques de suspender polo seu gran tamaño. LG é o vídeo máis doado de usar (8,2 puntos). Os seis consumidores coincidiron en que o disco duro e a posibilidade de reproducir discos DivX son argumentos esenciais á hora de optar por un gravador dixital.

Os gravadores que máis gustaron foron LG (7,2 puntos) e os dous Panasonic (o que só grava en DVD, con 7,3 puntos, e mais o que tamén ten disco duro, con 7 puntos). Os outros vídeos dixitais obtiveron valoracións semellantes, por riba dos 6,4 puntos. Sete das oito garantías son incorrectas, por ofreceren só un ano, e non os dous ós que obriga a lei (LG é a única correcta). Cumpren cos requisitos de seguridade esixibles e non sofren interferencias doutros aparellos eléctricos.

Nin Betamax nin VHS

Os consumidores que hai máis de vinte anos optaron por un videogravador Beta no canto dun VHS (o sistema que se acabou impondo) atopáronse pouco despois coa inexistencia dun mercado de alugueiro e venda de películas Beta e coa dificultade para atopar cintas virxes. Pode acontecer cos tipos de DVD existentes hoxe no mercado algo semellante se algún deles se converte en maioritario? Vexamos... Hai catro formatos de discos DVD, tres deles de gravación doméstica. Os catro tipos de disco (iguais en aspecto a un CD convencional) son idénticos en tamaño, material e aspecto. O DVD-Vídeo é o que utiliza o mercado de alugueiro e de venda de películas. Non hai gravadores domésticos deste formato, pero todos os reprodutores poden lelo. O DVD-RAM, en desuso, tamén o le a maioría dos reprodutores.

En realidade, ó mercarmos un vídeo dixital debemos elixir entre tres opcións: un equipo que escriba sobre discos DVD-R, sobre DVD+R, ou un (denominado dual) que escriba nos dous. A maioría dos equipos reproducen ambos os dous sistemas, polo que o formato de gravación ("+" ou "-") non condicionará moito ós usuarios: sempre poderán ver os programas que gravaran e as películas alugadas e mercadas. E reproducirá os programas gravados por terceiras persoas noutros sistemas, salvo que o seu equipo sexa dos poucos que non len sistemas distintos. Por iso, cómpre asegurármonos de que o equipo pode reproducir ambos os sistemas.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto