Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Un apagamento provoca unha avaría nun ordenador

Houbo un apagamento na miña rúa. Cando volveu a electricidade, o meu ordenador queimouse pola subida de tensión. Chamei á compañía subministradora para reclamar e anunciáronme a visita dun técnico, que aínda non se produciu. Volvinos chamar e aseguráronme que coa factura e mais as pezas estragadas abondaba, pero aínda sigo sen saber nada. Cando adoitan tardar en pagar os estragos ou en acudir os técnicos? Cales son os límites? Onde podo acudir para que me axilicen os trámites?

 As compañías subministradoras de enerxía eléctrica están obrigadas, salvo causa de forza maior, a manter permanentemente o servizo de subministración de fluído eléctrico. Pode pasar que o apagamento e as alteracións na tensión citadas non supuxeran unha vulneración das obrigas de calidade, pero pódeselle solicitar á compañía que xustifique o cumprimento dos parámetros de calidade establecidos no Real Decreto 1955/00.

No tocante ós danos sufridos no ordenador, estes son independentes de que se cumpriran ou non os criterios de calidade do servizo. Se se proba que a causa do dano foi o apagamento, a compañía está obrigada a indemnizar. O consumidor afectado polo incumprimento do servizo poderá reclamar a indemnización das perdas e danos que lle ocasionara, conforme ó artigo 1101 do Código Civil. Hai que alegar co informe dun técnico en reparacións que o apagamento, a interrupción do servizo e a alteración da tensión ó reiniciarse son as causas do dano no ordenador.

O afectado pode presentar unha reclamación escrita na Oficina Municipal de Información ó Consumidor do seu concello ou nos Servizos de Consumo da súa comunidade autónoma. Xunto á súa reclamación presentará o orzamento completo da reparación (tamén por concepto de recuperación de datos) e o informe ou nota do Servizo de Reparacións no que se detalla a causa da avaría. A partir deste trámite, a compañía deberalle dar unha resposta á súa solicitude. En caso de non asumiren responsabilidade polo dano causado, pode acudir á Arbitraxe de Consumo, pero, de a compañía non aceptar someterse á arbitraxe, deberá optar polos tribunais civís. Non precisará contratar obrigatoriamente un avogado, pero é aconsellable, sobre todo se non ten experiencia previa. Convén solicitarlle sempre un orzamento escrito ó seu avogado.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto