Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Un xornal quere instalar unha antena sen permiso da comunidade dos propietarios

Un xornal que ten a súa sede nos baixos do meu edificio quere colocar unha antena, pero a comunidade de veciños non lle deu permiso para facelo. O avogado do xornal enviou unha listaxe de fundamentos xurídicos e afirma que, pola Lei 19/1983, un propietario singular pode colocar a antena sen permiso da comunidade. Segundo ese avogado, a xurisprudencia é clara ó seu favor. Que podemos facer?

 A antena que o xornal quere instalar no edificio é unha antena de radioafeccionado e debe contar coa oportuna licenza da Dirección de Telecomunicacións. Esta licenza concédese no marco dun procedemento no que debe ser oída a comunidade de propietarios e a súa concesión pode ser recorrida pola comunidade.

A instalación non estaría amparada pola Lei 19/1983 en caso de que non se solicitara e concedera a licenza. Os afectados pódense informar na Dirección de Telecomunicacións e no xornal sobre o estado da solicitude da licenza e sobre as características da instalación. Se xa se presentou a solicitude, pódense consultar cun técnico en telecomunicacións as repercusións e molestias que podería ocasionar a instalación da antena de radioafeccionado. Deste xeito, os afectados estarán preparados para cando a Administración lle notifique ó presidente a solicitude de licenza e lles dea un prazo de dous meses para se oporen ou faceren as súas alegacións. Se ó final se concede en termos que os afectados consideren prexudiciais, deben recorrer a licenza.

As antenas de radioafeccionados e os seus outros elementos hai que instalalos de xeito que non produzan molestias, perigo nin dano ningún ás persoas ou bens. Ademais, a responsabilidade do titular da licenza de estación de radioafeccionado, derivada da súa instalación, conservación e desmontaxe, debe estar cuberta cunha póliza de seguro que inclúa a súa responsabilidade civil. A comunidade ten dereito a recibir unha copia. De non haber seguro ou de non estar actualizado, a autorización deberá ser cancelada. Ademais, a comunidade, por acordo adoptado por maioría simple, pode designar un lugar alternativo para a antena.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto