Saltar o menú de navegación e ir ao contido
O insomnio infantil ten a súa orixe, no 98% dos casos, nun hábito mal adquirido
O 70% dos nenos aprende a durmir con poucas rutinas, como levalo ó berce, darlle as boas noites... Pero hai un 30% que non dá. Son nenos normais, pero o seu reloxo biolóxico madura máis a modo. Ademais, no 98% dos casos de insomnio infantil, este prodúcese por un hábito mal adquirido. Para rematar con numerosas noites en vela, a mellor receita son bos hábitos de sono. Con algunhas sinxelas pautas pódese lograr que os nosos fillos durman dunha tirada desde o primeiro día.
A partir do terceiro mes non se erga a collelo ó primeiro laio. Déalle a oportunidade de que volva adormecer el só.Bebés. Arrolalos no colo ou no berce, darlles a man, pasealos no carriño, deixalos ata que estean acabadiños, pólos na cama dos pais, darlles un biberón ou aleitalos, pórlles música... Se espertan durante a noite, que o farán, os bebés agardan que a situación sexa a mesma que cando botaron a durmir, é dicir, se asocian durmir con estaren no colo dos pais, esperan seguir estando alí, se adormeceron mamando, buscarán o peito, se o fixeron escoitando música, agardan oíla...
Nenos. Que o fagan fronte ó televisor, que durman sempre na habitación dos pais, meterse con eles na cama, contarlles contos durante horas, mantelos espertos ata que caian de sono...
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI