Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Psicoloxía

Λ

Crecemento persoal: Cambios sen crise

Cómpre asumir as transformacións físicas e vitais que se producen ó longo dos anos con naturalidade e sen angustia

  É curioso observar como ó longo da vida os cambios na nosa maneira de ser se producen practicamente sen nos decatarmos. Mudamos o carácter como reacción a determinados acontecementos e non como resultado dunha planificación voluntaria. Vívese, pero revísase pouco a vida, se cadra levados pola crenza errónea de que a personalidade non cambia. "Un ou unha é así, e morra o conto", dise a miúdo. Non obstante, pódese cambiar para mellorar un ou para mellorar as relacións cos outros. En definitiva, pódense revisar os patróns de conduta e conformar o carácter máis próximo ó gusto propio.

Ademais, quéirase ou non, no propio crecemento persoal aparecen necesidades que antes non existían, e isto leva a que a persoa efectúe modificacións no seu modo de vivir. Esta necesidade coñécese como crise, idea á que se lle asigna a miúdo un significado negativo porque define unha fase na que a persoa experimenta un nivel de angustia maior do normal. Para superala e para asumila é preciso entender que este cambio é natural, e que tamén o son a incerteza que trae parella e o medo que pon, pois implican o paso dun estado coñecido a outro descoñecido, duns hábitos a outros.

Os hábitos ou patróns de conduta

Os hábitos desenvólvense a medida que vivimos e establecen o xeito predeterminado de actuar nunha situación. Isto é así porque tendemos a repetir as condutas que en ocasións anteriores nos deron bos resultados ou, polo menos, que nos permiten coñecer con certeza a qué imos obter. Na conformación desas pautas de comportamento estamos influídos polas características da nosa personalidade. Xa que logo, en certa medida, seguimos o ditado dunha tendencia innata e involuntaria, pero só en certa medida, xa que co paso do tempo as condutas vanse arraigando a forza de practicalas.

Por iso convén revisalas e, se cómpre, reformalas. Non sempre resulta sinxelo, pero ás veces non hai outra, sobre todo se nos queremos liberar do que representa un obstáculo para facer real a posibilidade de sermos máis felices. Non en van, a motivación para afrontar unha situación é sempre satisfacer algunha necesidade.

As necesidades das persoas vanse transformando a medida que van percorrendo as etapas do desenvolvemento persoal, que non sempre se corresponden cos cambios físicos que experimenta o corpo, pero si coa chegada dunha nova etapa na que se presentan novas esixencias. Esa ansiedade ante os efectos do paso do tempo e ante os cambios persoais deron lugar ó coñecido concepto das "crises da vida". Ó primeiro, falábase da crise da metade da vida, que se situaba arredor dos 40 anos, pero esta idea espallouse ata abranguer varias "crises" que marcan o paso dunha etapa de desenvolvemento a outra. Non importa cal sexa a idade que se teña. Cando toca medrar, toca.

A crise no cambio de etapa

Á idea de crise asígnaselle sempre un significado negativo co que se dá a entender que é unha fase na que a persoa experimenta un nivel de angustia maior do normal. Isto é natural, pois implica o paso dun estado coñecido a outro descoñecido, e esta incerteza produce un aumento de inseguridade. Así e todo, ese temor ó descoñecido non pode conducir á negación de levar a cabo os cambios que o desenvolvemento persoal esixe, porque se así acontece, exércese unha clase de violencia contra un mesmo.

Esta situación violenta resulta ademais gratuíta, xa que, por máis que se intente, nunca se vai poder volver ó estado en que un se atopaba antes. Outro factor que contribúe a empeorar as cousas é que non todas as persoas maduran nin se desenvolven ó mesmo tempo. Por causas xenéticas e ambientais, cada persoa ten o seu ritmo e está lista para pasar dunha etapa a outra da súa vida nun intre determinado, que non ten por que coincidir co das persoas do seu contorno. Pode acontecer que cando se están sentindo novas necesidades e albiscando novos horizontes, os amigos ou a parella non entendan qué é o que está pasando, porque para eles ese momento aínda non chegou.

A revisión do futuro

Para poder cambiar a nosa situación temos que transformar a nosa conduta, e cómpre sermos sinceros con nós mesmos para mudar o rumbo. Podemos imaxinar que baleiramos a mochila que levamos ás costas no camiñar da vida e que retiramos aquilo que pesa pero que non é necesario, para así podermos seguir camiñando e enchela de novo. Aproveitar as crises significa revisar a vida:

  • Cando se trata de mudar costumes, cómpre distinguir entre o que constitúe parte da estrutura da nosa personalidade (e, polo tanto, dificilmente modificable) e o que si se pode cambiar.
  • Desbotar costumes, vicios ou manías sempre resulta penoso porque son condutas que se incrustaron de maneira importante na nosa maneira de ser. Pero o esforzo do cambio paga a pena.
  • Sexamos conscientes de que mentres non se produzan os cambios, vannos seguir pasando as mesmas cousas que ata agora.
  • Un dos factores máis importantes para podermos asumir a transformación é a sinceridade con nós mesmos. Ten que chegar un momento en que deixemos de lado a tendencia a autoenganarnos para non nos complicarmos a vida.
  • Cómpre analizarmos cada unha das crenzas que se foron instalando na nosa vida e determinarmos cales nos favorecen ou prexudican.
  • É importante valorarmos a oportunidade de que outras persoas -pode que profesionais- interveñan axudándonos nos procesos de cambio, non tanto dándonos consellos, senón ofrecéndose a seren espellos da nosa propia persoa para que cada un se poida examinar máis polo miúdo para poder xulgar e actuar con máis tino.

Relacións deste contido

Descargar esta información en PDF

PDF: Fai clic aquí para Descargar esta información en PDF (87 Kb)

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto