Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Alimentación e circulación do sangue: A dieta inflúe na circulación

Prevén trastornos que derivan dunha mala circulación e alivia algúns dos seus molestos síntomas

As varices, as hemorroides e ata a celulite e mais as pernas pesadas e inchadas son trastornos máis ou menos molestos que, aínda que as máis das veces non son graves, aféctanlle á vida de quen os sofre. Todos eles están provocados por diversas causas, pero teñen un denominador común: a mala circulación do sangue. E a dieta xoga un papel importante na prevención destes trastornos e mais no alivio dos seus dolorosos síntomas.

O aparello circulatorio

  Para entendermos como a alimentación pode influír na circulación do sangue, facéndoa máis ou menos fluída, previndo trastornos ou aliviando os síntomas que se derivan dunha mala circulación, convén coñecermos un chisco o papel do aparello circulatorio.

O aparello circulatorio está formado polo corazón, as arterias, as veas, os capilares e o sangue, e encárgase de lles proporcionar osíxeno e nutrientes ás células a través do sangue. O corazón bombea sangue osixenado procedente dos pulmóns e impúlsao a través das arterias e dos capilares cara ás células de todo o corpo. Logo de chegar ás células, o sangue volve ó corazón a través das veas e osixénase de novo nos pulmóns. Xa que logo, calquera elemento que obstrúa o paso de sangue polas arterias ou veas provoca un trastorno na circulación sanguínea. A arteriosclerose debida ó depósito de colesterol, graxa e substancias de refugallo do sangue é a causa máis común de obstrución arterial e, de non se tratar a tempo, pode provocar un infarto. Se o sangue está moi denso, pódense formar coágulos que impiden a normal circulación, o que pode acabar dando lugar a unha trombose. A mala circulación venosa pode provocar tamén trastornos menos graves pero molestos, como varices, hemorroides e celulite.

Consellos para mellorar a circulación

  • Deitarse a cotío coas pernas en alto durante uns minutos.
  • Deitarse sobre o lado esquerdo do corpo para durmir.
  • Durmir coas pernas un chisco elevadas (colocando un coxín ou unha almofada pequena debaixo dos pés).
  • A calor non é aliada da circulación: produce vasodilatación dos capilares, o que pode provocar máis inchazo, pesadez, cansazo e dor. Por iso non son convenientes as saunas ou os baños quentes. É recomendable ducharse con auga morna e acabar cun chorro de auga fría nas pernas.
  • Facer exercicio activa a circulación: camiñar, andar nas puntas dos pés, as flexións de pernas, nadar, correr, mover as pernas mentres se está sentado.
  • Fretar os pés e as pernas sempre de abaixo a arriba, do nocello ás coxas.
  • Empregar roupa cómoda, calcetíns e medias que non opriman, zapatos cómodos, etc.
Os alimentos e a circulación do sangue
Nutrientes aconsellados Por que? Que alimentos os conteñen? Que ración cómpre tomar?
Fibra Favorece o tránsito intestinal e unha defecación sen esforzo. Isto fai que non aumente a presión abdominal e que non se debiliten as paredes das veas e da parede do colon; hai menos risco de sufrir estrinximento, varices e hemorroides. Froitas desecadas (ameixas pasas e similares), froitos secos, legumes, verduras e hortalizas, froita fresca e cereais integrais. Salvado de trigo ou avea.

Tome a cotío 3 pezas de froita, unha ensalada e algo de verdura (como primeiro prato ou como acompañamento do segundo).

Elixa alimentos integrais: o pan, a pasta, o arroz...

Inclúa na dieta cotiá unha ración de froitos secos ou desecados (cinco noces ou unha manchea doutros froitos secos).

Antioxidantes Protexen fronte ós radicais libres, substancias causantes do avellentamento e do estrago das paredes das arterias e das veas. Favorecen o bo estado dos vasos sanguíneos, teñen acción antiinflamatoria e vasoconstritora. Vexetais en xeral. Os máis ricos: aguacates, bagas (amoras, amorodos, framboesas, arandos), coles en xeral, cenorias, cítricos, uvas, cebolas, espinacas e tomates.
Potasio Favorece a eliminación de auga, o que é beneficioso en caso de ter pernas inchadas ou retención de líquidos. Froitas desecadas, froitos secos, xermolo de trigo, legumes, hortalizas e verduras, froitas, cereais integrais, peixes e carnes.
Ácidos graxos poliinsaturados Reducen o colesterol e os triglicéridos sanguíneos, o que evita a arteriosclerose. Fan máis fluído o sangue, diminúen a súa viscosidade e actúan como antiagregantes, o que reduce o risco de que se formen trombos ou coágulos. Aceites de sementes (xirasol, millo, soia), margarinas vexetais, froitos secos (en especial, noces e améndoas), peixes azuis e aceite de fígado de bacallau. Combine na dieta o aceite de oliva e de sementes. Inclúa habitualmente unha ración de froitos secos (unha manchea son 20-30 g).
Tome peixe azul polo menos 2 veces á semana.
Auga Facilita a eliminación de toxinas e a depuración do sangue, fai que o sangue estea máis fluído. Sen a cantidade axeitada de auga a velocidade do sangue diminúe. Auga, zumes, licuados, caldos, sopas, infusións... Plantas con maior poder diurético: mexacán, té..., co consello dun profesional. Tome entre 6 e 8 vasos de auga (tamén poden ser zumes ou similares) cada día.

Nutrientes desaconsellados Por que? Que alimentos cumpriría diminuír?
Sodio O exceso de sodio (compoñente do sal) retén líquidos, o que obriga o corazón, o fígado e os riles a traballaren por riba das súas posibilidades. Este exceso relaciónase con trastornos circulatorios e de retención de líquidos, e empeora a inchazo nas pernas. Sal e alimentos salgados: conservas de todo tipo, patacas fritidas e similares, sopas de sobre, salsas, olivas, encurtidos, pan, bolería, galletas, embutidos, queixos curados, carnes e peixes salgados ou afumados, precociñados.
Graxas saturadas O exceso de graxa saturada tende a aumentar os niveis de triglicéridos e colesterol plasmáticos, o que favorece a arteriosclerose e aumenta a viscosidade do sangue, o que pode provocar tromboses. Manteiga, nata, embutidos, touciño, repostería industrial, precociñados.

Ademais, hai alimentos que, pola súa composición, favorecen a dilatación das veas, o que empeora as hemorroides e as varices, ou dificultan o traballo de depuración do sangue que fai o fígado, e isto non axuda a mellorar a celulite: comidas picantes ou moi especiadas, bebidas alcohólicas, chocolate, café e doces.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto