Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Instalacións deportivas municipais: Unhas cidades invisten en deporte e promóveno moito máis ca outras

CONSUMER EROSKI compara as infraestruturas deportivas de titularidade pública de 18 cidades e analiza, logo de visitalas, 144 das súas instalacións máis sobranceiras

Un de cada dous españois asegura facer deporte tres ou máis veces por semana e a metade dos que o practican utilizan instalacións deportivas de titularidade pública, segundo datos publicados hai pouco polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), que revelan que a natación (máis de unha de cada tres persoas que fan deporte aseguran nadar a cotío), o fútbol (32%), o ciclismo (20%) e a ximnasia de mantemento (14%) son os deportes que contan con máis seguidores en España. É sabido que, co paso dos anos, o deporte foi converténdose nunha das actividades sociais con maior arraigo entre nós; e de feito, o exercicio físico vincúlase cada vez máis á saúde e permite manterse en forma, amais de que constitúe un xeito ameno de ocupar o tempo de lecer e un eficaz resorte para coñecer xente e facer novas amizades. O que probablemente se sabe menos é que a Constitución ("os poderes públicos fomentarán a educación sanitaria, a educación física e o deporte") obriga expresamente a que a Administración promova a práctica do deporte na cidadanía.

CONSUMER EROSKI quixo comprobar como responden os poderes públicos a esta esixencia e fíxoo de dúas maneiras: unha, comparando o equipamento en infraestruturas deportivas de titularidade pública co que contan 18 cidades (A Coruña, Alacante, Barcelona, Bilbao, Cádiz, Córdoba, Granada, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza) e, outra, analizando -mediante visita persoal dos técnicos desta revista- o servizo que prestan e o estado de mantemento de 144 instalacións deportivas municipais de uso público, as máis emblemáticas destas 18 cidades. 

A principal conclusión do estudo é que o abano de infraestruturas deportivas de titularidade pública é moi distinto segundo a cidade de que se trate (ós sevillanos correspóndelles un polideportivo para cada 12.000 cidadáns, e ós donostiarras e barceloneses un para cada 17.000, mentres que ós malagueños lles toca un polideportivo para cada 110.000 e ós madrileños e bilbaínos un para cada 50.000), e que case ningunha pode presumir dun equipamento deportivo satisfactorio, xa que non dispoñen (a teor da comparación coa media das 18 cidades) dunha oferta abonda de infraestruturas para case todas as modalidades deportivas (é o caso de Málaga e Alacante) ou para un bo número delas (situación en que se atopan Córdoba, A Coruña, Cádiz, Zaragoza, Bilbao, Madrid e Pamplona).

Só Barcelona e San Sebastián, e, xa a certa distancia destas dúas cidades, Vitoria ofrecen un abano abondo e equilibrado dos equipamentos deportivos incluídos no estudo: polideportivos, piscinas, ximnasios, pistas de atletismo, campos de fútbol, canchas de baloncesto, frontóns, pistas de squash, paddle e tenis, e canchas polivalentes. É frecuente que algunhas cidades destaquen en infraestruturas para un ou varios deportes, pero que se sitúen por baixo da media noutros. Zaragoza, por exemplo, destaca en piscinas, pero ofrece moi poucos ximnasios, mentres que en Cádiz acontece xusto o contrario: sobresae en ximnasios e falla en piscinas.

Doutra banda, tras o exame realizado (analizáronse a información e mais os servizos ofrecidos ós usuarios, o estado de conservación e limpeza das instalacións, a accesibilidade para discapacitados e a seguridade dos edificios e equipamentos e mais a vixilancia das instalacións) logo de visitar as 144 instalacións deportivas estudadas nas 18 cidades, o 7% destas instalacións obtén como nota final un suspenso e o 15% queda nun mediocre "aceptable", o que significa que máis de dúas de cada dez teñen unha ampla marxe de mellora. Véndoo desde o enfoque máis optimista, case a metade son moi boas ou excelentes. Cunha valoración máis discreta, pero tamén satisfactoria, o 30% das instalacións deportivas visitadas obtiveron unha nota final de "ben".

O apartado con peor nota global foi a información facilitada ós usuarios e a diversidade de servizos que se lles ofrecen, prestacións nas que suspende unha de cada catro instalación, o que se comprende mellor cando se coñece que no 40% das infraestruturas visitadas non se expuñan os prezos e tarifas dos servizos ofrecidos e que no 17% nin sequera se informaba sobre as normas xerais de uso das instalacións. O mellor foi a seguridade dos edificios e equipamentos e o seu estado de mantemento e limpeza: en ambas as dúas cuestións, a nota media das 144 instalacións foi "moi ben".

As instalacións deportivas con mellor valoración conxunta -por cidades- foron as visitadas en Barcelona, Málaga, Oviedo, San Sebastián, Valencia e Zaragoza. As peor paradas foron as analizadas en Cádiz (suspenderon o 60% das visitadas), seguidas das de Córdoba, Granada e Sevilla.

Comentario á parte merece a accesibilidade para discapacitados, e é ben positivo: só en unha de cada dez instalacións deportivas visitadas, a accesibilidade foi globalmente deficiente. Así e todo, o 17% delas carecen de aseos adaptados (dúas de cada tres en Alacante e Córdoba) e o 15% non lle confirmaron a esta revista se a piscina dispuña dun guindastre para lle facilitar o acceso a este colectivo.

Un elocuente indicador da atención que lles prestan as cidades á práctica do deporte é o investimento que realizan cada ano os concellos neste apartado. CONSUMER EROSKI solicitoulles esta información ós 18 concellos que abrangue este estudo, e comprobou que a media de gasto no 2005 foi de 42,5 euros por habitante, aínda que algunhas cidades, como Madrid (100 euros) e Oviedo (73 euros) investiron moito máis cá media e, outras, moito menos: Valencia (19 euros por habitante), Alacante (21 euros), A Coruña e Córdoba, ambas as dúas con só 23 euros investidos en deporte por habitante.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto