Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Elixir animal de compaña: A cada fogar, a súa mascota

O estilo de vida, os horarios e a asunción de novas responsabilidades son aspectos que cómpre ter en conta cando se adquire un can, un gato ou unha ave

Seis de cada dez fogares españois teñen un animal de compaña. En España viven nas casas e pisos trece millóns de cans, cinco millóns e medio de gatos e máis de catro millóns de paxaros. Este auxe das mascotas non se viu freado polo seu custo. De feito, cada español gasta 499 euros ó ano no mantemento do seu fiel 'amigo'. A cara amarga desta beneficiosa afección constitúea a porcentaxe de abandono. Segundo ASOFACA (Asociación para o Fomento da Adopción de Animais de Compañía Abandonados), o 60% das familias que convive cunha mascota abandónaa ó cabo de poucos meses. En total, deixamos na rúa a 200.000 animais cada ano. Estes datos ratifican a mensaxe que as asociacións de animais non se fartan de repetir: mellor adoptar mascotas que quedaron sen dono ca adquirir unha.

  A adquisición dun animal de compaña debe ser razoada e acordada entre todos os membros da familia, e non froito do capricho dun deles, polo xeral un neno. Cómpre sermos conscientes de que os animais son seres vivos, que requiren atención e coidados a longo prazo.

As visitas regulares ó veterinario (e os gastos derivados), a atención cotiá, o coidado e mais as preocupacións que ocasionan pasan a formar parte da nosa vida. Ademais, non todas as mascotas se axustan ós diferentes estilos de vida. Os hábitos de cada persoa ou da familia son un factor determinante para inclinarse por un tipo de animal. A atención que esixen será maior ou menor dependendo da raza, especie e tamén do sexo do animal.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto