Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha muller acudiu á consulta dun especialista en medicina estética para mellorar o aspecto do seu rostro e este inxectoulle silicona líquida no rostro. Fíxoo sen un estudo previo de alerxias e, tras a segunda sesión, produciuse unha reacción alérxica que provocou unha lesión granulomatosa crónica de efectos severos na súa aparencia física. O produto de recheo empregado non estaba autorizado en España nin na UE e o médico encargáballo directamente a unha farmacia. O Xulgado do Penal número 3 de Barcelona, en sentencia do 25 de xullo do 2005, ditou que a única práctica contraria á correcta praxe médica foi o uso dun produto sanitario non autorizado, cualificada como imprudencia leve. Pero o titular da farmacia cometeu, segundo esta sentencia, un delito contra a saúde pública por comercializar produtos non autorizados e prexudiciais para a saúde, polo que se lle impuxo unha pena de dous anos e seis meses de prisión e a inhabilitación durante catro anos e medio. Ademais, ambos os dous foron condenados a indemnizar con 72.000 euros as curas da afectada, os gastos padecidos, os gastos que poidan xurdir no futuro, as secuelas estéticas e os danos morais.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI