Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
Merquei un coche de segunda man o ano pasado e sufriu unha avaría nunha viaxe de vacacións. Arranxáronme a avaría e pagueina, pero non me decatei de que aínda estaba en garantía. Cando volvín comenteillo ó concesionario no que adquirín o coche e non me contestan ás claras. Quixera saber se aínda teño dereito á devolución dos cartos. Se non tiña que pagar, que posibilidade teño de cobralos?
Os vehículos de segunda man adquiridos a un profesional da compravenda ou a un concesionario teñen, por lei, unha garantía mínima dun ano. A garantía legal é gratuíta e por todos os conceptos (pezas, man de obra, etc.). Por iso, o consumidor non está obrigado a lle pagar a reparación ó servizo técnico oficial, se alega e acredita a vixencia da garantía legal. O feito de que pagou e de que reclama con posterioridade non é contrario ós seus propios actos. Produciuse un erro por consentir pagar, erro que ó día seguinte se trata de emendar, polo que a reclamación da devolución ó vendedor parece correcta.
O concesionario non ten que pospoñerlle a resposta ó afectado, senón darlla decontado tras a solicitude do cliente. Teñen que lle devolver os cartos aboados no concesionario da marca, entendendo que a avaría se debe a un defecto preexistente, ou ben negarse, pero de xeito xustificado. Se a garantía se atopaba dentro dos seis primeiros meses, agás proba do contrario a cargo do vendedor, débenlle devolver o importe aboado. Pero se a garantía se atopaba no seu segundo semestre e o vendedor nega a devolución razoadamente, xurdirá a dificultade a cargo do consumidor de ter que acreditar a preexistencia do defecto.
Polo tanto, o afectado debe acudir ó concesionario e reclamar a devolución. Se de novo este se desentende, poderá solicitar a folla de reclamacións ou acudir á Oficina Municipal de Información ó Consumidor (OMIC) correspondente para presentar a queixa. A OMIC, ademais, poderá mediar no conflito e instar á devolución en nome do consumidor.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI