Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Os problemas co pagamento dificultan a portabilidade de móbiles

Teño dous móbiles coa mesma operadora. Por un problema coa entidade bancaria devolveuse un recibo dun deles e cortáronme a liña dese terminal sen previo aviso. Ó non me advertiren, coido que se cadra incorreron nun incumprimento de contrato. Por este motivo, gustaríame cambiar de operadora e solicitar a portabilidade dos dous números, pero nun dos contratos asinei un compromiso de permanencia (que remata dentro duns meses) por adquirir o terminal por puntos. Podería ter algún problema ó incumprir eu este contrato unha vez que eles incumpriron o seu?

  A portabilidade dos números de telefonía móbil pódese efectuar solicitándolle a alta á nova operadora: será esta compañía a que lle pida a baixa ou a rescisión do contrato á anterior empresa, que lle deberá permitir ó cliente a conservación dos números. Pero a antiga operadora pódese negar a lle conceder a portabilidade se o servizo está en suspenso por non pagamento. Por iso, o máis probable é que se denegue a portabilidade do número do móbil ata que se realicen os pagamentos pendentes. O aviso previo e as garantías legais para a suspensión dos servizo polo non pagamento aplícanselle só á telefonía fixa, é dicir, que para afirmar que houbo un incumprimento do operador en telefonía haberá que ler o contrato e as garantías alí previstas. Se houbo erro bancario, débelle presentar unha queixa ó seu banco e ó seu Servizo de Atención ó Cliente e reclamar as perdas que a falta de dilixencia do banco lle poida causar.

No tocante ó compromiso de permanencia, se se esixe no móbil aínda en servizo, pódese solicitar a portabilidade do número, pero antes hai que consultar o contrato, porque o habitual é que haxa algún tipo de penalización que se debe aceptar.

Doutra banda, se se quere portar o número e o terminal está bloqueado, hai que liberalo para que poida ser utilizado por outro operador, se así se asumiu nas Condicións Xerais de Contratación de compra do terminal. Para desbloquear o terminal, cada compañía segue o seu propio sistema, polo que deberá informarse tendo en conta as Condicións Xerais de Contratación do seu terminal. Débese informar na súa operadora e se é preciso nunha OMIC ou Asociación de Consumidores. A Comisión do Mercado de Telecomunicacións di que hai dúas posibilidades: deixar pasar o período de tempo comprometido de permanencia ou pagar as cantidades establecidas nas condicións de contratación do teléfono móbil.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto