Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Medio natural

Λ

Residuos cárnicos: Refugallos animais sen riscos

Institucións e empresas endureceron os controis para evitaren os perigos sobre o medio natural e a saúde

A carne é un dos alimentos básicos na cesta da compra dos consumidores. Segundo datos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, o consumo de produtos cárnicos en España no 2004 situouse nuns 53 quilogramos por habitante e ano. O incremento no consumo de carne que os países desenvolvidos experimentaron na última metade do século XX levou á utilización de métodos de cría intensiva cunha xestión e eliminación dos residuos cárnicos en ocasións inadecuadas, o que favoreceu a aparición de novos perigos para a saúde entre mediados dos 80 e mediados dos 90, como o mal das vacas tolas, unha enfermidade do sistema nervioso central do vacún que acabou afectando ós seres humanos, ou as dioxinas, unhas substancias químicas con efectos canceríxenos. Unha vez que se deron controlado estes problemas alimentarios, os países con controis sanitarios rigorosos, entre eles España, tomaron unha serie de medidas para que non se volvesen producir, como a prohibición do uso das fariñas cárnicas para a alimentación animal e do enterramento dos cadáveres de animais nas granxas, que ata daquela se realizaba de xeito habitual.

300.000 toneladas ó ano

Segundo a Confederación de Organizacións Empresariais do Sector Cárnico de España (Confecarne), non hai datos precisos do volume de refugallos, xa que non todos se eliminan como residuos e algúns subprodutos, como a pel, poden aproveitarse. Así e todo, algunhas estimacións apuntan a que anualmente se xeran en España arredor de 300.000 toneladas de residuos. A súa eliminación contrólase mediante o Plan Nacional de Residuos de Matadoiros, Comisos, Subprodutos Cárnicos e Animais Mortos 2000-2006, elaborado como complemento do Plan Nacional de Residuos Urbanos e adaptado á Directiva sobre Normas Sanitarias Reguladoras dos Subprodutos da Unión Europea (UE). 

A actual lexislación prohibe os enterramentos, polo que se optou pola incineración como método de eliminación dos residuos. Os despoxos de animais considéranse residuos biodegradables e, xa que logo, supoñen un risco ambiental e sanitario, pois coa súa descomposición poden contaminar o aire, o solo e as augas, tanto superficiais como subterráneas. Os cadáveres e residuos dos matadoiros son transportados por persoal autorizado en vehículos de media tonelaxe ata o centro de tratamento correspondente, que debe contar con instalacións e persoal adecuado segundo o tipo de residuos. O gasto que supón destruír estes materiais págano desde o 2002 os consumidores no prezo final dos produtos, tras un acordo entre responsables das grandes superficies, operadores dos matadoiros e a distribución por xunto do sector cárnico.

Refugallos de comercios

Outro dos grandes focos de residuos cárnicos son os comercios, restaurantes e bares, comedores colectivos e fogares. Actualmente a maioría destes refugallos retíranse a vertedoiros de lixo. Neles a carne descomponse e fai de caldo de cultivo para o crecemento microbiano, que, en última instancia, pode acabar contaminando acuíferos. Debido a que non hai unha xestión estendida destes refugallos, é difícil saber a cantidade que supoñen, e o certo é que a súa recollida e posterior xestión é un verdadeiro crebacabezas. Aínda que existe unha normativa, a súa aplicación é bastante laxa. Nestes intres, barállase a creación dun sistema integral de xestión (SIX) semellante ós que actualmente se aplican na recolleita de envases e electrodomésticos.

Fornos crematorios

  Hai empresas que ofrecen diferentes solucións segundo o xeito de realizar a combustión, capacidade de tratamento, etc., polo que se ofrecen desde pequenos fornos para animais de compañía, destinados a servizos zoosanitarios, matadoiros, etc. ata instalacións de gran capacidade. A tendencia actual é contar con dependencias de tipo medio ou grande que sirvan a varias provincias ou ata a comunidades autónomas, xa que así se aforran custos.

Os fornos crematorios utilizan como combustible gasóleo C, gas natural ou propano, e conteñen queimadores que alcanzan os 800 ºC. Mediante un cargador hidráulico, os animais introdúcense no interior do forno. As cinzas resultantes retíranse de xeito automático e os gases contrólanse mediante sistemas de medición de emisións e son tratados para eliminar dioxinas, partículas sólidas e outros compostos. No caso das instalacións de maior tamaño, contan ademais cunha cámara frigorífica de grandes dimensións para a conservación dos restos de animais ata a súa cremación.

O negocio da carne en España e a seguridade alimenticia

Segundo datos de Confecarne, en España producíronse o ano pasado 3,2 millóns de toneladas de porcino, 1,3 millóns de aves, fundamentalmente polo, 714.000 toneladas de vacún, 250.000 toneladas de ovino e caprino, 120.000 toneladas de coello, e 1,2 millóns de toneladas de produtos elaborados.

As crises provocadas polas "vacas tolas", a febre aftosa ou a peste porcina impactaron de xeito notable no sector, aínda que na actualidade os produtos cárnicos son un dos alimentos que máis grao de confianza ofrecen. A gripe aviar, a última crise que sacudiu o sector cárnico, tivo polo momento, segundo os indicadores, un efecto limitado sobre o consumo. O feito de que aínda non se detectara ningún caso de ave contaminada en España e o estrito sistema de cría aplicado aquí contribuíron a iso.

Alternativas ecolóxicas ás incineradoras

As organizacións de produtores e os ministerios de Agricultura, Medio Ambiente e Educación e Ciencia están a estudar sistemas alternativos ás grandes incineradoras para eliminar estes residuos. Unha posible solución podería chegar coa instalación de mini-incineradoras nas propias explotacións, pero os responsables do sector cárnico critican que as autoridades son moi esixentes á hora de conceder licencias polas emisións que puideran xerar. Outro método que conta co apoio da maioría do sector é o desenvolvemento de foxas estancas especiais nas que se poderían eliminar os restos de xeito respectuoso co medio natural.
Asociacións como Ecoloxistas en Acción formulan alternativas á incineración ou ó vertido, como a implantación de plantas de dixestión anaeróbica de residuos de matadoiro e outros residuos orgánicos dentro de polígonos agroalimentarios. Estas organizacións lembran que a UE esixe o principio de autosuficiencia e proximidade na xestión dos residuos. A dixestión anaeróbica é un proceso que reduce o contido orgánico dos residuos pola acción de microorganismos en ausencia de osíxeno. Deste proceso obtense unha mestura de gases (biogás) e unha lama que se pode empregar como fertilizante na agricultura.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto