Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Hai que analizar o uso que se lle vai dar para elixir o modelo que máis conveña e non pagar por funcións que non se van utilizar
Nos últimos anos os fogares españois recibiron gustosamente un novo electrodoméstico que contribúe a facilitar unha das tarefas cotiás máis lentas e pesadas, secar a roupa, sobre todo en zonas nas que chove moito, en casas nas que non hai tendedeiro ou cando a persoa encargada da bogada e de secar a roupa vai vella ou padece dalgún problema de mobilidade. Con todo, a convivencia das secadoras co resto de electrodomésticos é aínda lenta, e, polo de agora, este aparello só se atopa en un de cada dez fogares españois. O motivo é que fronte á vantaxe de dispor de roupa acabada de lavar ese mesmo día (tras unha hora e cuarto de secado, como mínimo), estes electrodomésticos presentan tamén algúns inconvenientes, como o seu prezo -son aparellos caros-, o espazo que ocupan -tanto ou máis ca unha lavadora-, o seu consumo de enerxía, as engurras -a roupa sae seca pero moi engurrada- e o ruído que emiten mentres están en funcionamento (entre 55 e 66 decibelios).
As secadoras funcionan aspirando o aire da habitación ou cociña onde están instaladas e quentándoo antes de que pase pola chamada 'bogada', que se atopa dentro dun tambor que non deixa de virar aireando toda a roupa ó mesmo tempo, conseguindo así un secado uniforme.
Hai dous tipos de secadoras en función do sistema de eliminado da humidade. En ambos os dous tipos está garantida a súa eficacia no secado:
Secadoras de condensación: son máis caras (achéganse ós 500-600 euros), ata o punto que, segundo a gama, polo prezo dun modelo de condensación pódense adquirir dous de evacuación. A súa vantaxe é que non expulsan a humidade cara ó exterior, xa que o vapor de aire se condensa cando entra en contacto co aire frío do condensador. Agora ben, hai que baleirar o depósito no que se acumula a auga da condensación. Isto permite que este tipo de secadoras se poidan instalar en calquera lugar, non cómpre habilitar un lugar especial que permita evacuar o aire.Para paliar o problema do espazo hai dispoñibles no mercado lavadoras-secadoras, electrodoméstico de aspecto idéntico ás lavadoras, que cumpren as dúas funcións nun mesmo aparello. Pero aínda que ocupan moito menos, algúns fabricantes e servizos técnicos de reparación recomendan mercar, sempre que se poida, cada electrodoméstico por separado. A principal razón que esgrimen é que, polo menos de momento, as pezas dunha lavadora ou dunha secadora son máis fáciles de conseguir en caso de avaría cás dunha lavadora-secadora. Neste sentido, os fabricantes aconsellan mercar lavadoras cun mínimo de 1.100 revolucións por minuto para que a roupa saia máis seca do centrifugado e na secadora se poida empregar un programa máis curto.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI