Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

EDICIÓN IMPRESA.
Xaneiro 2006

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Sobreendebedamento: Dificultades para pagar os créditos

As débedas dos fogares españois medraron case dúas veces máis có importe dos seus activos financeiros

O endebedamento das familias españolas duplicouse na última década. O hábito de recorrer ós créditos hipotecarios ou de consumo instalouse na nosa sociedade e esta fórmula de financiamento resulta cada vez máis común, non só para adquirir unha vivenda ou un automóbil, senón tamén un electrodoméstico ou un paquete turístico. As últimas cifras publicadas polo Banco de España revelan que a débeda financeira das familias españolas alcanzou a finais do 2004 un novo máximo histórico con 595.183 millóns de euros, o 74% do Produto Interior Bruto (PIB) español. Estes novos datos poñen de manifesto que os fogares continúan cun forte ritmo de endebedamento, que orixinou o ano pasado un aumento das débedas das familias da orde do 17%, cando o importe dos seus activos financeiros (accións, fondos, depósitos, seguros, cartos en efectivo), polo contra, medrou a un ritmo moi inferior, o 9%.

O endebedamento medra case dúas veces máis có aumento da riqueza das familias, o que reforza a desconexión entre consumo e creación de riqueza. Con este incremento, os fogares españois, que partían dun grao de endebedamento moi inferior ó da media dos países da zona euro, superárono en moi breve espazo de tempo.

  A débeda financeira das familias medrou en boa medida polo incremento dos préstamos a longo prazo (un 20% máis ca no 2003), que se situaron en 502.183 millóns de euros, superando por primeira vez a cifra do medio millón. A forte expansión do financiamento para a adquisición de vivendas prodúcese a través de hipotecas contratadas a tipo de xuro variable (60% do total de créditos), o que lle abre a porta ó risco dunha creba xeral se os tipos de xuro soben no futuro. Ademais, estes créditos financian cada vez máis a miúdo a compra doutros bens que non son vivendas, asimilándose a verdadeiros créditos ó consumo.

Un estudo, tamén recente, de Genworth, grupo empresarial de seguros e membro da Asociación Hipotecaria Española (AHE), sobre as operacións hipotecarias realizadas no 2004, pon de relevo que o esforzo medio (ou a renda media neta dedicada) dos fogares españois no momento da contratación do préstamo hipotecario foi do 33%. Para a AHE, o perfil dos fogares con maior índice de endebedamento corresponde na actualidade a aqueles cun cabeza de familia menor de 35 anos e que contratou o seu préstamo hipotecario despois do 2002.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto