Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Ataques de gota: Cristais de dor

O depósito de ácido úrico cristalizado representa unha patoloxía que, de non se controlar, pode danar extremidades e riles

 Considerada como unha enfermidade exclusiva de reis e da nobreza ata comezos do século XX, a gota é unha inflamación aguda dalgunhas articulacións producida polo depósito de cristais de ácido úrico que ocasionan unha artrite aguda que co tempo se pode tornar un proceso crónico. Esta enfermidade real 'democratizouse' e actualmente padécena tres de cada mil persoas, a maioría delas homes novos. Se antes a padecían só os nobres debíase a que eran os únicos que se podían permitir o luxo de comer en exceso.

En condicións normais, a terceira parte do ácido úrico do organismo procede dos alimentos e os outros dous terzos do metabolismo interno. O ácido úrico elimínase do organismo polo intestino coas feces, na súa terceira parte, e o resto polos riles. A súa elevación pódese deber, xa que logo, a un exceso de produción ou a un defecto na súa eliminación. Pero a gota non é só unha enfermidade metabólica. Grazas ás últimas investigacións comprobouse que se trata dun trastorno no que participa o sistema inmunolóxico e no que hai unha importante compoñente hereditaria.

Agullas cristalinas

O ácido úrico elevado circulando polo sangue (hiperuricemia) ocasiona a formación de cristais de ácido úrico en forma de agullas que se se depositan nas articulacións provocan os ataques de gota.

O ataque de gota aguda adoita comezar de súpeto, e polo xeral afecta o dedo gordo do pé. A dor é intensa, hai inchazo, a pel aparece vermella, brillante e ademais é hipersensible, resulta doloroso ata o roce da roupa ou das sabas. O primeiro ataque adoita ser monoarticular, é dicir, afecta só a unha articulación: no 68% dos casos o dedo gordo, no 24%, pés e nocellos, e só no 4% os xeonllos. Pero nos ataques seguintes, pé e nocello son afectados no 34% dos casos, os xeonllos nun 20%, o dedo gordo nun 18%, e tamén aparece en mans e pulsos (16%) e nos cóbados (10%). O primeiro ataque dura poucos días. Mesmo sen tratamento, a articulación desínchase e recupera a cor habitual. Tras o primeiro ataque pode non se presentar ningún máis ou poden transcorrer meses ou anos ata outro novo. Pero tamén pode acontecer que a gota se cronifique, que os ataques se repitan a miúdo e que aparezan ademais outro tipo de lesións, xa que os cristais de ácido úrico se comezan a depositar nas articulacións, na pel e nos riles provocando lesións permanentes.

  No tocante ás articulacións, deterióranas, aparecen inchadas, deformes, como nas osteoartrites. A deformidade pode ser importante nos dedos das mans, que aparecen inchados, tortos e con nós, chegando mesmo a unha inmobilidade case total. Os cristais de ácido úrico poden formar masas aglomeradas denominadas "tofos gotosos", que aparecen na pel a xeito de protuberancias ou vultos, nos cóbados, nas articulacións da man e, menos a miúdo, nos pavillóns auriculares.

Nos casos de gota severa os riles pódense danar por dous mecanismos distintos. Os depósitos de ácido úrico afectan ó parénquima renal, ó seu sistema de filtración, e poden chegar a producir unha nefropatía gotosa e insuficiencia renal, ou ben o exceso de ácido úrico provoca a formación de cálculos.

Tratamento

Na actualidade, pódese controlar bastante ben tanto o ataque agudo como a gota crónica. Todo é cuestión de se coidar un chisco, pero, ademais, o arsenal farmacolóxico para o seu tratamento é amplo e eficaz. O ataque agudo contrólase con analxésicos e antiinflamatorios. Pero se tratar o ataque agudo é importante, máis o é evitar novos ataques e, sobre todo, as complicacións que aparecen na gota crónica, polo que un tratamento a longo prazo será indispensable. Este realízase mediante dúas vertentes fundamentais: a dieta e os medicamentos para controlar o nivel de ácido úrico. Antigamente, cando non existían fármacos eficaces, a dieta era o único xeito de control, pero na actualidade perdeu o seu papel protagonista, o que non significa que non haxa que mantela. Así e todo, convén aclarar que a dieta por si soa é pouco útil, e que se torna fundamental unha hidratación axeitada. Cómpre reducir os alimentos ricos en purinas e diminuír ou suprimir as bebidas alcohólicas, especialmente licores. A cervexa, aínda que ten pouco alcohol, resulta bastante nociva para os gotosos. Ademais, convén beber moito líquido, uns 2,5 litros diarios de auga.

No tocante ó xeito de controlar farmacoloxicamente a hiperuricemia, o medicamento máis usado é o Alopurinol, que diminúe a produción de ácido úrico. Tamén se usan os que favorecen a súa eliminación polo ril, como probenecid e sulfinpirazolona. A elección do tratamento máis axeitado depende das características de cada persoa, pero sempre cómpre ter en conta que o tratamento é moi longo, probablemente para toda a vida, e que é moi importante corrixir outros factores de risco como a obesidade ou o consumo de alcohol e seguir a dieta correcta, porque todo isto poderá permitir reducir ó mínimo o consumo de medicamentos. Hai algunhas persoas que teñen ácido úrico elevado, pero que non presentan síntomas, o que se coñece como hiperuricemia asintómatica. En principio, non precisan tratamento farmacolóxico, agás que teñan cifras moi elevadas e que a súa eliminación polo ril puidese danalo ou provocar a formación de cálculos.

Por que se eleva o ácido úrico?

A inxestión excesiva de alimentos ricos en purinas que no proceso metabólico se transforman en ácido úrico é a causa máis importante do seu aumento. As purinas son elementos orgánicos presentes nas carnes vermellas e caza, vísceras, peixes azuis (anchoas, sardiñas, arenques, troita e salmón), mariscos, embutidos de porco e algúns vexetais como o apio, o berro, os espárragos, os feixóns, as fabas, as lentellas, os rabos, a coliflor, as espinacas...

Pero hai tamén situacións e circunstancias que propician ou favorecen a elevación do ácido úrico:

  • O consumo de alcohol, e parece que tamén a cafeína.
  • As situacións de estrés.
  • A utilización de contrastes radiolóxicos iodados.
  • Medicamentos como os diuréticos, as teofilinas, a aspirina a doses baixas.
  • A obesidade, a hipertensión arterial, a diabetes, as dislipemias.

Outras veces, un nivel alto deberase a que a súa eliminación está diminuída, deficiencia provocada en xeral por un problema real.


Relacións deste contido

Descargar esta información en PDF

PDF: Fai clic aquí para Descargar esta información en PDF (95 Kb)

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto