Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Un técnico de reparacións de electrodomésticos cobra unha tarifa de desprazamento moi elevada

Chamei a un servizo técnico explicándolles o problema que tiña a miña lavadora. Un técnico desprazouse á miña casa e comprobou que a reparación sería moi custosa, polo que me recomendou non reparala. Chegar a esa conclusión non lle levou máis de 10 segundos, porque eu xa retirara a tapa que daba acceso á orixe do problema (as chumaceiras do tambor). Cobroume os gastos de desprazamento (30 euros máis IVE), o que me parece abusivo. Poderíanme indicar se é legal cobrar este desprazamento cando non se realizou máis traballo có devandito?

 É legal cobrar o desprazamento do técnico cando houbo saída ó domicilio do usuario e o aparello que se vai reparar non está xa dentro do período de garantía. Entendemos que o desprazamento efectivamente realizado non ten por que vincularse co tempo de traballo, dado que son dous conceptos de facturación diferentes. O primeiro xustifícase na saída do técnico ó domicilio do usuario e por lei débese axustar ás tarifas informativas que deben aparecer visibles nos talleres ou que debe proporcionar por escrito o técnico a domicilio se llo solicita o usuario. O segundo gasto, o da man de obra, tamén se debe axustar ás tarifas informativas e, xa que é o técnico quen se despraza ó domicilio do usuario, poderá facturar quince, trinta ou sesenta minutos en función do tipo de aparello (liña branca, liña castaña ou aparello electrónico), como tempo mínimo de traballo, mesmo se o tempo real de ocupación é inferior ó devandito.

No caso presentado, facturouse o desprazamento realizado e non se cobrou cantidade ningunha pola lixeirísima xestión do técnico, o que nos parece legal, máis aínda tendo en conta que se a avaría non se reparou foi por elección do usuario, aínda que fora por antieconómica e pola recomendación do técnico. O usuario non solicitou orzamento nin información sobre os gastos de desprazamento, trámites ós que tiña dereito, pero pode comprobar se lle cobraron o gasto de desprazamento conforme á información que debe constar visible ó público. Se esa información non está exposta ou se comproba que lle cobraron de máis, pódese solicitar unha folla de reclamacións e esixir a devolución da diferenza de prezo, se hai.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto