Saltar o menú de navegación e ir ao contido
O Nadal marca o comezo dun período de celebracións nas que son habituais os excesos, sobre todo co alcohol. Unhas cervexas co aperitivo, viño durante a comida ou a cea, cavas e licores coa sobremesa, amais das copas para rematar. O alcohol tórnase un dos protagonistas das nosas celebracións, aínda que os riscos que provoca o consumo etílico desmesurado non se limitan a unha desagradable resaca. Inflamación de páncreas, cefaleas, trastornos hepáticos e gástricos, por non falarmos dos accidentes de tráfico, poden ser algúns dos efectos nocivos. O mellor para evitar problemas é non beber, pero, de facelo, non dubide en seguir estes sinxelos e saudables consellos.
Lembre que a bebida é un acompañamento da comida, e non ó revés.Controle os gramos de alcohol que inxire multiplicando os graos da bebida -que son os gramos de alcohol por cada 100 cc- pola cantidade que tome. Exemplo: catro cervexas de 250 cc cun 5% de alcohol terán 4 x 250 x 5/100 = 50 gramos. Dado que o fígado metaboliza 25 gramos de alcohol por hora, terá o alcohol circulando durante 2 horas polo seu corpo.
En xeral, considérase aceptable para a saúde unha inxestión por baixo dos 30 gramos de alcohol ó día. Entre 30 e 60 gramos de alcohol a cotío o risco é moderado, e é problemático, con risco para o desenvolvemento de cirrose, cando se superan os 60 gramos ó día.
Xa o sabe: se bebe, non conduza. Aínda que sexa en pequenas cantidades, o alcohol exerce un efecto depresor sobre o sistema nervioso. Diminúe a capacidade de condución e os reflexos e aumenta as probabilidades dun accidente.En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI