Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Medio natural

Λ

Currículo ecolóxico dos automóbiles: Unha menor contaminación, outro criterio de compra

Os posibles compradores dispoñen de listas e clasificacións sobre o grao de respecto ó medio natural do vehículo que queren adquirir

  O tráfico de automóbiles, especialmente o que circula por vías urbanas, xera efectos nocivos tanto para a saúde dos cidadáns coma para o medio natural. Entre outros gases, os automóbiles emiten dióxido de carbono (CO2), un dos principais responsables do quecemento do planeta. Ademais, as partículas en suspensión lanzadas polos vehículos son un dos principais contaminantes atmosféricos e provocan un grande impacto sobre a saúde da poboación, ata o punto de que diversos estudos relacionan o aumento da mortalidade co incremento da emisión deste tipo de partículas.

Así e todo, non todos os automóbiles contaminan por igual. De feito, é posible sabermos cales son os modelos que contaminan menos e que consomen menos combustible e, polo tanto, tomarmos unha decisión máis ecolóxica á hora de adquirir un vehículo. Desde finais do 2002, os coches novos vendidos en España inclúen información acerca do consumo e da emisión de CO2, grazas á aplicación dun Real Decreto que incorpora a Directiva europea sobre etiquetaxe enerxética. O seu obxectivo é cumprir o Protocolo de Kyoto, no que a Unión Europea se comprometeu a reducir un 8% as emisións de CO2 entre 1990 e o 2010. Ademais, a Comisión Europea estuda unha nova normativa, que podería entrar en vigor a mediados do 2008, para diminuír e controlar aínda máis as emisións dos novos utilitarios.

Etiquetaxe voluntaria

Desde comezos do 2003, os automóbiles tamén levan unha etiqueta que amosa a clasificación por consumo comparativo con outros do seu mesmo tamaño. Neste caso, a Asociación Española de Fabricantes de Automóbiles e Camións (ANFAC), a Asociación de Importadores (ANIACAM) e mais o Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético (IDAE) puxéronse de acordo para implantar esta normativa de etiquetaxe voluntaria. Ó igual ca no caso doutros produtos da UE, como os electrodomésticos, estas "eco-etiquetas" ofrecen unha clasificación seguindo unha gama de letras e cores: a cor verde e a letra A indican que se está mercando o automóbil máis ecolóxico, co menor gasto de combustible e que permite o maior aforro; da outra banda atópase a cor vermella e mais a letra G, que distingue o automóbil que máis consome e que, polo tanto, menos aforra e máis dana o medio natural.
O Real Decreto tamén comporta a elaboración dunha guía anual cunha lista de marcas e modelos -tanto de gasolina coma de gasóleo- que informa do seu consumo e emisións. Esta guía, que reflicte tamén os modelos con maior eficiencia enerxética para cada categoría e tipo de carburante, pode ser consultada gratuitamente nos puntos de venda e na web (http://www.idae.es/coches/index1.asp) do IDAE, organismo encargado de confeccionar este documento, en colaboración cos fabricantes de coches. A clasificación varía en función do modelo e do carburante, pois hai que ter en conta que os motores diésel chegan a producir ata catro veces máis partículas de carbono cós de gasolina, aínda que resultan máis eficientes enerxeticamente. Os motores diésel poden ir acompañados de filtros, que reteñen ata o 90% das partículas, e que xa están sendo utilizados en moitas cidades europeas e estadounidenses para diminuír as emisións do transporte público, aínda que aínda non se xeneralizaron nos vehículos de uso privado.

Son máis caros?

Os vehículos "ecolóxicos" custar unha media de arredor de 3000 euros máis, aínda que se coida que os prezos van baixar así que os seus niveis de venda e fabricación aumenten. Así e todo, como o seu consumo é tamén menor, o condutor benefíciase a longo prazo dun aforro no custo de uso, polo que finalmente resultan máis económicos, e, de paso, máis respectuosos co medio natural. Por exemplo, o Toyota Prius, con motor híbrido (metade de gasolina, metade eléctrico), consume un 40% menos de gasolina ca un coche convencional, e o investimento amortízase, de media, a partir dos 70.000 quilómetros, segundo fontes de Toyota. Ademais, na maioría dos países da UE, igual ca en moitos estados norteamericanos, estes vehículos contan con axudas para a súa compra e/ou coa redución de impostos. En España, a Xunta de Castela e León subvenciona a diferenza no prezo de compra de automóbiles, furgonetas e motocicletas de propulsión híbrida por empresas, particulares, asociacións sen ánimo de lucro e entidades locais cun importe máximo para 2005 por cada automóbil ou furgoneta de 4.800 ', e de 1.050 ' no caso das motocicletas. Pola súa banda, o IDAE proporciona axudas para a adquisición de vehículos limpos ou alternativos para uso na frota de administracións públicas ou para servizo público.

  Os fabricantes son cada vez máis conscientes da importancia de investir en novas tecnoloxías que permitan a construción de vehículos eficientes enerxeticamente, pois supoñen un aforro para os seus usuarios e, en definitiva, unha menor contaminación, o que é beneficioso para a natureza. Entre as novas tecnoloxías que parece que máis convencer ós expertos en automoción, destaca a dos motores híbridos, que combinan un motor eléctrico e outro de explosión, especialmente útiles para evitar a contaminación das zonas urbanas, aínda que as súas prestacións limitan aínda a súa utilización masiva. Outras tecnoloxías que ofrecen boas perspectivas son as pilas de hidróxeno, que xeran unha corrente eléctrica de maneira limpa, o biocombustible ou biodiésel, que se obtén a partir de produtos naturais, ou o gas natural.

Condución ecolóxica

As emisións contaminantes non só están relacionadas coa tecnoloxía dos vehículos. Os cidadáns tamén poden adoptar medidas que protexan o medio natural cando conducen, á vez que se reduce o consumo e se aforran cartos. A IDAE ofrece unha serie de consellos básicos.

Velaquí un pequeno resumo:

  • Evitar a sobrecarga do vehículo.
  • Utilizar o aire acondicionado con moderación, arredor dos 23-24º.
  • Non levar as fiestras totalmente abertas cando se conduce.
  • Consumir gasolina da octanaxe establecida polo fabricante e revisar o consumo de carburante periodicamente por se hai algún fallo no vehículo.
  • Non empregar o coche para traxectos moi curtos, xa que se consome máis do dobre ca pola estrada.
  • Realizar un mantemento regular do vehículo, preocupándose especialmente de pneumáticos, filtros, aceite, buxías e motor.
  • Circular o máis posible nas marchas máis longas e a baixas revolucións, evitar freadas bruscas e aceleracións innecesarias e moderar a velocidade. Un aumento de velocidade do 20% (pasar, por exemplo, de 100 a 120 km/h) significa un aumento do 44% no consumo.
  • Apagar o motor en paradas superiores a un minuto.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto